| A coordinadora comarcal "Terras do Umia" (formada por profesorado integrante dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de Barro, Cuntis, Caldas, Moraña e Portas) organizou a VII Festa da Lingua na azucreira de Portas. Case 300 integrantes da comunidade educativa da comarca se xuntaron para celebrar este acto.