Pontevedra da máis pulo ao ano de homenaxe dun dos seus ilustres cun congreso de tres días no Pazo da Cultura. Pero nesta iniciativa, a figura de Valetín Paz-Andrade se reivindica máis aló da súa vertente literaria. O conmemorado na última edición do Días das Letras Galegas foi un home que destacou na industria, no xornalismo, na abogacía e, sobre todo, nun galeguismo de aposta cosmopolita. A súa polifacética existencia é protagonista do debate e o estudio do congreso que dende onte e ata mañá se leva a cabo na súa cidade natal.

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín; o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e o alcalde, Miguel Fernández Lores, foron os responsables de inaugurar o que é o último gran acto que se adica a un dos grandes promotores da conciencia de país. A serie de conferencias sobre a súa vida comezou coa do presidente do Consello de Cultura, Ramón Villares, quen definiu como "emprendedor e poeta, pragmático e soñador" ao que foi un dos participantes no Partido Galeguista durante a II República e pioneiro da análise económica de Galicia, coa súa obra "Galicia como terra".

Igualmente se chamou a atención sobre o carácter "nada provinciano" de Andrade, pondo como exemplo a súa relación coa América e a súa visita a Mozambique. Tamén a súa contribución teórica ao desenvolvemento do sector conserveiro do país. Un compromiso con estes países que se manifesta cos seus traballos para a FAO.

A de Villares foi a primeira dunha ampla relación de charlas e mesas redondas nas que se abordan as diferentes aportacións que brindou á sociedade galega. Como algúns exemplos, a súa biógrafa Charo Portela falou sobre a importancia que a cidade do Lérez tivo na súa traxectoria. Máis tarde, foi o escritor Manuel Rival quen abordou a loita de Paz-Andrade "contra o cinismo".

Para as xornadas de hoxe (de 10.00 a 19.30 horas) e mañá (de 10.00 a 13.30) quedan outras propostas. Políticos como Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira repasarán as vertentes económicas do homenaxeado. Outros ponentes como Ana Acuña e Xesús Alonso analizarán a súa poesía. Para o día da clausura, ademáis das conferencias, está programada una actuación coral con interpretación de pezas compostas por Paz-Andrade. O amplo programa pódese consultar na páxina da RAG: realacademiagalega.org.