Teatro, xogos de billarda, presentacións de libros, cinema en galego, conferencias, roteiros, obradoiros e moitos outros actos, adicados nunha boa parte a Valentín Paz Andrade (protagonista das Letras Galegas de este ano) conforman parte do medio cento de propostas culturais e de lecer do programa "Maio, mes da lingua", unha iniciativa que comeza hoxe mesmo có concurso de maios e rematará o 1 de xuño, aínda que ten datas chave, como o mércores 9, coa celebración do Correlingua porlas rúas do casco vello, o sábado 12, coa Festa da Lingua, na praza da Ferrería, e fundamentalmente o xoves 17, Día das Letras Galegas, cando se celebrará o acto popular en homenaxe a Paz Andrade que organiza la asociación sociocultural O Burgo na praza de Curros Enríquez.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, presentou onte este programa e quixo destacar, además das actividades más estables (Ben veñas maio de teatro, por exemplo), o impulso o cinema en galego, coa colaboración de Cinebox Vialia, así como as actividades para nenos, como os cantos de arrolo, o roteiro dos Bolechas ou os xogos populares da billarda, que percorrerá primeiro diversos colexios (Lérez, Parada-Campañó, San Martiño-Salcedo, Campolongo, Xeve) para rematar o 30 de maio cun encontro na Alameda con máis de 400 participantes.

Cinco exposicións tamén teran cabina nesta oferta: O Galegho tamén nourtos mundos, do 7 ao 21 de maio no CEIP Cabanas-Salcedo, e no de Campolongo do 21 de maio ao 8 de xuño; Castelao para nenos e nenas no colexio de San Martiño-Salcedo do 10 ao 23; Castelao e nos, no Sagrado Corazón, do 11 ao 25; a mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade, na Biblioteca Pública do 14 ao 26 de maio; e Alexandre Bóveda, no local socail do Gorgullón, do 28 de maio ao 9 de xuño. Paz Andrade tamén é obxecto de analisis e atención en duas xincanas, unha lingüística (o día 14 en Verducido) e outra literaria (o 22 no Pazo da Cultura) e con conferencias sobre a súa vida e obra a cargo de Carlos Callón, Xesús Portas Ferro, Xosé Álvarez e Charo Portela. Perto de trinta entidades, asociacións e colectivos colaboran co Concello na organización destas actividades.

Atopar a palabra trabucada no centro histórico

A asociación de comerciantes Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) tamen colabora no mes da lingua co concurso Atopa o erro!, presentado onte polo seu presidente, Miguel Lago. Trátase de percorrer os escaparates dos comercios do barrio, onde figuran uns carteis con tres palabras en galego, unha de elas trabucada. Os participantes teñen que descubrir esa palabra e anotala nun díptico, ata atopar a lo menos vinte palabras, ata o día 18.

Os premios ós gañadores se entregarán o próximo 21 de maio na casa do concello. É unha bicicleta para os nenos e un circuito de spa para duas personas no spa urbano da cidade, na rúa San Antoniño, según explicou Miguel Lago.