A primeira entrega do Club de Debate do Concello de Pontevedra ponse en marcha este mes coa participación de estudantes de cuarto curso da ESO e primeiro de Bacharelato e coa finalidade de fomentar o uso do galego e das habilidades argumentais. Serán cinco equipos, dous dos institutos Torrente Ballester e Valle Inclán e un do Luis Seoane, os que estrearán a iniciativa.

O medio centenar de participantes debatirá na fase preliminar, que se disputará o próximo día 17 no Pazo da Cultura, acerca de se hai que potenciar o consumo de productos galegos. De ahí saíran dous grupos finalistas que o día 24 e no Café Moderno, falarán sobre se os gobernos deben protexer a diversidade lingüística. Un xurado composto por cinco membros será o encargado de decidir o pase a ronda final, así como o equipo gañador.