Tamén nas redes, falemos como galegos facendo uso do idioma para espallalo polo mundo. Con este obxectivo o Concello de Ourense acolleu onte a presentación na cidade do concurso Youtubeir@s, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística de once concellos galegos, entre eles o de As Burgas,así como da Universidade Santiago de Compostela e a de Vigo. Youtubeir@s pretende que teña maior presencia o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes sociais máis empregadas no mundo -máis de 1.000 millóns de usuarios empregan esta ferramenta de Youtoube, un de cada tres usuarios da internet- e tamén quere incitar e facilitar que tódalas persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos.

A concelleira de Cultura Belén Iglesias, e José María Faílde, director de Planificación do Campus de Ourense, foron os encargados de presentar onte esta iniciativa, acompañados dos técnicos de normalización lingüística de ambas entidades, Mónica Fernández Valencia e Paulo Cabral. Ao concurso poderán presentarse todas as persoas maiores de 14 anos a través dunha inscrición en liña ata o 28 de abril, segundo se recolle nas bases dispoñibles na súa web.

Os vídeos deben ter unha duración máxima de 5 minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. Hai dúas categorías, o Vídeo-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas (desde unha receita ata como instalar un programa informático). A outra categoría e a de Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión sobre calquera tema, dende un filme, ou a actualidade.

Haberá premios para cada categoría dotados con mil euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de cincocentos euros. Ademáis este programa ofrece cursos para animarse a ser Yotubeir@s. No Salón de Graos do edificio de Facultades farase os días 7 de febreiro de 19.00 a 20.00 horas e o 14 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas

No Centro de Coñecemento La Molinera será os días 10 de febreiro de 18.00 a 19.00 horas e o 17 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas. O reto dos participantes é crear e colgar un vídeo en galego.