-Na obra fálase de manifestacións, incluso hai unha alusión á Lei Mordaza... Que opinión che merece a situación política actual?

-Neste tema son moi pesimista e estou baixo de moral. Síntome bastante avergoñado de ser español e de ser galego despois das eleccións do 26 de xuño.

Que os políticos rouben impugnemente mentres nos están a recortar dereitos sociais paréceme que é... , diría que para poñer unha bomba, pero mellor non, que eu non vou facer apoloxía do terrorismo, pero, ás veces, dan ganas.

-Por que momento pasa o teatro galego na actualidade?

-Hai un nivel de actores galegos excelente. A xente que sae das escolas está moi ben formada. Que haxa tanto talento desperdiciado é unha verdadeira lástima. Hai actores galegos que, actualmente, están encabezando series ou películas a nivel nacional. Os políticos que nos gobernan non queren que se aproveite este talento en España ou fóra do país, pasan de nós, tanto en Galicia como en Madrid.

-A que cres que se debe iso, que os políticos deixen de lado algo tan importante como é a cultura?

-A ideoloxía destes partidos está en contra da cultura, xa que non lles interesa. Interésalles que cantos máis campionatos de fútbol haxa, mellor. Antes, diciamos que era cousa do franquismo, pero estes sobrepasan ao franquismo cen veces neste aspecto. Se os políticos culturizasen a xente, o resultado das eleccións do 26 de xuño sería outro. O resultado das eleccións é claramente o produto dos recortes en cultura, educación? A xente que pensa non interesa a estes partidos.