Un ano máxico para Miriam Ferradáns

A poetisa acaba de gañar o premio Manuel Leiras Pulpeiro

15.12.2016 | 03:07
A poetisa buenense Miriam Ferradáns Ferradás. // Eli Regueira

A este paso a poetisa buenense terá que preparar unha habitación do seu domicilio somentes para albergar os premios que leva gañados nos últimos anos pola súa faceta literaria. Este ano 2016 está sendo moi especial para a moza buenense, un ano máxico cargado de premios e recoñecementos literarios. O último en sumarse a esa lista é o Certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, dotado con 1.500 euros, cuxo xurado acaba de escoller un poemario de Ferradáns como gañador da súa quinta edición. Todo isto cando hai apenas uns días acadaba o segundo premio do XXX Certame Rosalía de Castro, que convoca anualmente a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona). Miriam Ferradáns parece ter unha relación especial con este concurso, do que xa gañou o primeiro premio en dúas ocasións (en 2013 e 2014 con "Decibel" e "Ruído"). "Estou como nunha nube porque non me da tempo a asimilar tantos premios en tan pouco tempo", admite a poetisa de Bueu.

O poemario que resultou gañador no Certame Manuel Leiras Pulpeiro títulase "Do tacto" e a poetisa explica que nace "tras unha reflexión sobre os poemas cos que gañei o premio Xosemaría Pérez Parallé", uns textos nos que aborda a importancia e a súa obsesión polo sentido do tacto. "A perfección da simetría, menos un/ a migración das aves/ un paxaro morto perforado por metralla./ Agora quizáis entendas/ a nosa obsesión polo tacto./ O meu bisavó era cego, o meu avó era cego/ o meu curmán é cego;/ eu tampouco sei onde está o Norte", escribe no poemario que acaba de gañar o Certame Manuel Leiras Pulpeiro.

Os gañadores do galardón Pérez Parallé deronse a coñecer a principios do mes de novembro e naquel momento Miriam Ferradáns xa tiña decidido que volvería a participar no Certame Rosalía de Castro de Cornellá e no Manuel Leiras Pulpeiro. "Tiña que decidir que poemas enviaba a cada concurso, pero tiña moi claro que para o de Mondeñedo quería os do tacto", conta a xoven poetisa. Ao final tivo "recompensa" en ambas as citas: un segundo premio en Cornellá e o primeiro en Mondoñedo. "Estou moi feliz por gañar o Certame Manuel Leiras Pulpeiro. É unha honra e unha felicidade porque Mondoñedo ten unha gran tradición literaria", conta.

Este ano 2016 que está a piques de rematar foi especialmente prolífico para ela porque ademais destes tres galardóns recibidos neste último mes e medio hai que engadir o tamén importante Premio Francisco Añón, que concede o Concello de Outes co gallo das letras Galegas, con "Deshabitar unha casa", unha revisión da infancia para chegar á madurez.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Experiencia para buscar la permanencia

Experiencia para buscar la permanencia

El Beluso ultima su plantilla a escasos días de que comience su ilusionante campaña

Estreno mundial de Martín Riobó

Estreno mundial de Martín Riobó

El piloto cangués completa su primera participación en el Mundial de Trial - Lidera también el...

Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine