Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Javier Maneiro: "Nos comezos queríamos unha banda de rock para ligar e saír de marcha"

Os de Ribeira actúan esta noite ás 1.15 horas nun concerto para "faser josar"

O cantante de Heredeiros da Crus, Javier Maneiro, disfrazado de indio co resto da banda. // FDV

Hoxe, arredor das 23.00 horas, un coche recollerá a Javier Maneiro(Ribeira, 1973) ás portas da fábrica conserveira na que traballa na súa vila natal. Irá directo á actuación que o seu grupo, Heredeiros da Crus, ofrece no festival SonRías a partir das 1.15 horas. Tras máis de 20 anos na música, recoñece que nunca chegou a vivir disto, pero no recordo de varias xeracións si vive a súa voz e as letras da súa banda. Bueu acolle esta noite a un grupo que fala o verdedeiro rock da costa galega.

-Comezan no ano1992, que esperaban nese momento de Heredeiros da Crus?

-Esperábamos ter unha banda de rock para saír de marcha e ligar. Non tiñamos expectativas de triunfar, soamente eramos un grupo de mozos con ganas de pasalo ben.

-En que salas comezaron tocar?

-O noso primeiro concerto foi na Festa da Dorna de Ribeira no 1992. Enganamos a comisión dicíndolles que éramos un grupo de folk. Apareceulles un de rock no escenario e alucinaron. Neses tempos, facíamos festas nos bares de Ribeira e a primeira vez que pisamos o estranxeiro foi en Cambados. A nosa eclosión foi cando actuamos en Vigo.

-Por que conectaron tan rápido coa xente?

-Foi polas letras que facíamos. Naquela época ninguén dicía as cousas da maneira nas que as dicíamos nós. O que queríamos facer era un reflexo da sociedade e da Galicia máis profunda, a de verdade.

-É certo que chegou un momento no que non podía saír a rúa sen que lle cantaran churras churras?

-Totalmente certo. Cando íamos de marcha a Boiro non podíamos dar dous pasos sen que nos pararan. Tiñamos que escapar do centro da movida.

-Que supuxo para o grupo a colaboración coa TVG no programa Xabarín Club?

-Supuxo que nos coñecera toda Galicia. O máis importante foi chegar aos mozos, aí está a supervivencia dun grupo. Seguimos en activo por esta xeración.

-As súas cancións son historias reais da rúa?

-A historia da canción "Pastor alemán", por exemplo, escoitámola no programa de radio Hablar por Hablar. Tamén está outra como "O jran batacaso" na que o meu compañeiro, Tonhito de Poi, comeuse un moco no coche e fixémoslle unha canción. Nacen do que nos pasa e do que nos contan.

-Por que deixan de actuar no 2005?

-Un grupo é como un matrimonio. Chega un momento no que empeza a haber tensión. Antes de perder a amizade é mellor parar. Volvemos no 2012 porque moita xente nolo pedía nas redes sociais.

-Que teñen preparado para o SonRías?

-Tivemos que recortar o repertorio porque estamos afeitos a concertos de dúas horas, non de unha. Vamos a facer gozar porque sentimos a música como cando comezamos.

Compartir el artículo

stats