Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Personaxes de Cangas · Arquivo de A Cepa

Asorey, o escultor do monumento a Soaxe

A escultura ao filántropo de Cangas na Alameda Vella é unha das obras representativas do artistas cambadés

O escultor galego Francisco Asorey nace en Cambados en 1889 e morre aos 72 anos en Compostela (1961). Está soterrado, xunto a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas, Domingo Fontán e Alfonso R. Castelao no Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Gaña a praza de escultor anatómico na Faculdade de Medicina da Universidade de Compostela e foi director da Escola de Artes e Oficios de Santiago, cidade na que reside durante eses anos. Como escultor, concédenlle importantes premios en Galicia e no Estado Español recibindo a primeira medalla na exposición nacional de Bellas Artes. Está considerado como unha das figuras máis importantes da renovación da arte escultórica do seu tempo.

Despois da guerra civil, Francisco Asorey veuse obrigado a facer monumentos aos caídos. Entre a moita obra que deixou en prazas e rúas galegas atópanse os monumentos a San Francisco de Asís en Santiago, ao poeta Curros Enríquez na Coruña e a García Barbón en Vigo. No museo de Lugo atópase a Ofrenda a San Ramón unha escultura en madeira que representa a unha moza axeonllada de gran realismo.

Desde o Centro Recreativo de Cangas (coñecido coma o Casino), onde se xuntan en tertulia cotiá un grupo de amigos, promoven a iniciativa de abrir unha subscrición popular para erguer un monumento a Félix Soaxe que xa mandara os planos e o finanzamento para construir o Mercado de Abastos. Os comisionados visitan a Asorey no taller en Caramoniña (Compostela). Ao ano seguinte (1925) inaugúrase o monumento.

Idea e realidade

O conxunto escultórico, de casi catro metros de altura, fórmano un gran pedestal presidido polo busto en bronce de Soaxe. A súa figura está protexendo ao mariñeiro que se apoia no seu remo, esculpido en granito e coa cabeza e a punta do remo en bronce. Unha obra da etapa considerada como de realismo impresionista.

Asorei escolleu a un mozo veciño do barrio do Costal, Xosé Fernández Castro, como modelo real en quen inspirarse para realizar a escultura do mariñeiro co remo. Hoxe, a súa posición central na escultura, fíxose tan achegada ao sentir da xente que o monumento a Félix Soaxe tamén é coñecido como a Estatua do Remo.

Compartir el artículo

stats