O colectivo Feminista Deza-Tabeirós, deu a coñecer onte actividades programadas para os próximos días na Estrada. A primeira delas é o faladoiro con Eli Ríos A muller na escrita. Será mañá venres, ás 21.00 horas, na sala de exposicións de Abanca.

De seguido, a vindeira semana esta asociación organiza, dentro das súas charlas-coloquio, unha aproximación e debate sobre os ventres de alugueiro, da man de Ana Bringas, investigadora especialista en xénero. Desta volta será na Sala Mome, a partires das 20.30 horas.

O Colectivo Feminista Deza-Tabeirós realizou a súa presentación a finais do pasado mes de febreiro, tamén a través dunha charla-coloquio, Desmitificando a prostitución.