26 de febrero de 2017
26.02.2017
Entroido 2017

Entroido en Deza 2017 | Faldas vintage e NO-DO local en Lalín

O Vermú de Señoritas convértesese en cita multitudinaria e a procesión de Santo Torrisco ironiza sobre a actualidade, con especial atención ás leas políticas e ao novo párroco

26.02.2017 | 10:31
O vermú de señoritas volveu converter as rúas de Lalín, un ano máis, en pasarelas de ´glamour´ e corido. // Bernabé/Javier Lalín

Tacóns, faldas longas ou curtas, e incluso tocados, para eles. Bigotes, tirantes e boinas para elas. Non, non é a tendencia para a próxima primavera-verán. É o estilo que predominaba onte polas rúas de Lalín, con motivo do Vermú de Señoritas. A cita está xa consolidada no programa de Entroido da capital dezá, e conta cada vez con máis adeptos, que ano tras ano van pulindo o seu estilo nisto de transformarse, por un día, no xénero oposto. Iso si, moitos dos varóns decidiron manter a barba á hora de converterse en 'señorita', e máis dun seguro que tentou emular ao actor Dani Rovira e o seu paseo en tacóns na última gala dos Premios Goya.

A quedada arrincou xusto a mediodía no Café de Camilo, para ir percorrendo varios dos bares e cafeterías do casco urbano. Non faltou a visita obrigada á estatua da porca na rúa Colón. Eles e elas, transformados en elas e eles, misturáronse cos postos de verduras e hortalizas que se asentan cada sábado nas rúas lalinenses, e moitos dos participantes disfrutaron despois dun churrasco en común.

A festa en Lalín continou pola noite, da man do colectivo O Naranxo. Como todo sábado de Entroido, Santo Torrisco saiu en procesión polas rúas lalinenses, desde o bar A Tasca, que custodia esta imaxe desde o peche, xa hai anos, do pub Barriga Verde. A procesión máis pagana da comarca é sinónimo de coplas. Algúns versos falan de que "o fútbol presídeo un crego/ o casino un comunista/ o concello Pepe Crespo/da man dun clarinetista". O novo párroco de Lalín, Marcos Torres, e as súas recentes declaracións, tampoco escapan á crítica: "Xa temos un novo cura/e comeza blasfemando/di que Messi é coma un deus/ pero máis grande é Cristiano". A vinculación do cuatripartito co caso das firmas falsas do Corpiño relátase moi ben con "Segue o alcalde co censo/e para gañar un veciño/ puxo a Luis Madriñán Crespo/na parroquia do Corpilño".Hai espazo, tamén, para a nova biblioteca: "Xa temos na biblioteca/ espazos de esparcemento/anda a rubia agobiada/pensando Onde me sento?".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El A Estrada Futsal recibe a un recién ascendido metido entre los mejores

El A Estrada Futsal recibe a un recién ascendido metido entre los mejores

Sesar avisa de un Santa Isabel con varios exjugadores del Azkar

El Mimela recibe al Seis do Nadal en busca de sus primeros puntos

El Mimela recibe al Seis do Nadal en busca de sus primeros puntos

El Pastelería Mimela EDM A Estrada disputa hoy la segunda jornada de la Primera Nacional....

El ´César Fares´ entra en la élite

El ´César Fares´ entra en la élite

El Obradoiro Silleda debuta mañana en Trasdeza ante el Culleredo con varias bajas

Los tres de arriba no fallan durante la quinta jornada del torneo lalinense

Los tres de arriba no fallan durante la quinta jornada del torneo lalinense

Montefaro Electricidade, Pub Fetiche/Habana 75 Disco y Cestola na Cachola continúan una...

Patricia Varela fue la mejor de la EAD en el Memorial Bergueiro

Patricia Varela fue la mejor de la EAD en el Memorial Bergueiro

| Patricia Varela fue la mejor de la Escola de Atletismo Deza en el Memorial Bergueiro del pasado...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Unións propone construir balsas para usar el agua de lluvia en la extinción de fuegos

Unións propone construir balsas para usar el agua de lluvia en la extinción de fuegos

Pide a Medio Rural que active un sistema de alertas que incluya el empleo de maquinaria de...

El Concello firma el convenio de cesión de los terrenos para el nuevo parking junto al mercado

El Concello firma el convenio de cesión de los terrenos para el nuevo parking junto al mercado

Pagará 1.000 euros anuales los primeros cuatro años y los cuatro siguientes, 34.650 por ejercicio,...

Un destino turístico para tiempos de sequía

Un destino turístico para tiempos de sequía

El pantano de Portodemouros está al 46% de su capacidad y permite visitar los restos de aldeas...

Ocho referentes del empresariado comarcal

Ocho referentes del empresariado comarcal

La ACE falla los premios que entregará en su primera gala, el 4 de noviembre

Carmen Carballude Galego: "Ahora toca tomar conciencia sobre los montes quemados"

Carmen Carballude Galego: "Ahora toca tomar conciencia sobre los montes quemados"

"Iremos al monte a poner plantas en las zonas que no ardieron para frenar la ceniza, e impedir que...

Enlaces recomendados: Premios Cine