O PSOE de Lalín súmase ao amplo rexeitamento que a comunidade educativa está amosar contra a Lomce. Os socialistas consideran que esta lei educativa representa o máis retrógrado dun marco xurídico que só pretende atacar a mesmo acabar co ensino público de calidade. Lamentan que os non poucos cartos que se "malgastaron" na organización dos exames no se destinaran desde a Consellería de Educación a realizar melloras necesarias e urxentes. Tamén piden ao Partido Popular que escoite a voz contundente da rúa, que non está disposta a admitir que se lle limite o dereito fundamental á educación e que se discrimine ao alumnado polos seus recursos económicos.