O Concello de Vila de Cruces organiza un taller de ábaco destinado a un público infantil. A proposta busca aumentar a capacidade de aprendizaxe, a memoria e o cálculo mental. O curso está dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos de idade. O prazo de inscrición rematará o próximo venres día 13 de novembro. Os interesados poden solicitar máis información e formalizar a matrícula no consistorio ou ben no teléfono 986 582 017.