Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Saber que vas morrer e ter que contalo

A Estrada recorda hoxe o fusilamento de varios veciños tras o golpe militar do 36, entre eles o alcalde e dous ediles

Carta de despedida escrita na capela do cárcere de Pontevedra.

A Asociación Cultural Vagalumes en conmemoración do 5 de xuño vén de publicar na web www.tabeirosmontes.com algúns dos orixinais das cartas de Fernández Rico e a súa familia sobre a súa sorte logo de ser detido por ser o alcalde en funcións da Estrada o 18 de xullo do 36, por ausencia de Jesús Puente Fontáns que se trasladaba a Madrid a participar na entrega do resultado do referendo do Estatuto Galego.

Son cartas, nalgúns casos coñecidas e transcritas (Ruy Farias en Miscelanea A Estrada), outras novas, mais todas achegan luz sobre esta experiencia tráxica nas súas múltiples dimensións.

Nelas atopamos mentiras piadosas (ocultábase as penalidades polas que cada quen pasaba) e verdades coma puños (os informes da Garda Civil da Estrada falseaba o acontecido para librarse del). O que non impedía propoñer medidas desesperadas (pedirlle a muller que falase cos Gardas Civís para que mudaran a súa declaración pois quedaría sobre a súa conciencia deixar a nove nenos sen pai) e tamén inxenuas e vanas esperanzas que se albiscaban nun horizonte que cada paso se ía facendo mais negro.

Ramón Fernández, até marzo do 37 que é condenado a morte, aínda lle parece vivir un sono. Non cre o que lle está pasando e non entende que sexa executado cando considera que non fixo nada malo. Desde que se negou a fuxir cando o advertiron de que estaba na listaxe negra da falanxe até que el mesmo se presenta á Garda Civil ou cando prepara as testemuñas do xuízo acreditando que o tribunal o vai exonerar. Finalmente síntese enganado e traizoado pola veciñanza estradense que, temerosa de correr a mesma sorte, non se mobiliza para evitar o seu fusilamento. A veciñanza chamada "de orde" que era a que podía facer algo por impedir isto e que agás casos excepcionais como o do párroco Nicolás Mato, a pesares de ter amizade con el, declinaron o seu apoio neste difícil transo.

Dos seus correlixionarios reprodúcese unha carta á filla de Ramón na que ademais de darlle o pésame e xurar vinganza, convídana a participar da rede de resistencia clandestina que operaba no noso concello para dar debida conta dos traidores á república unha vez trunfe militarmente nos frontes. Vitoria que finalmente non se produciría.

Mais logo de tres meses do xuízo acórdase levar a cabo estes crimes. É bastante habitual que entre a sentenza e a execución non medie máis que un día. Neste caso a longa agonía fai que atopemos cartas esperanzadas nas xestións que se están a facer e que albiscarían algún éxito no feito de non terse tivese aplicado a pena. E iso é así até tres días antes. Semella que non se lle indica a data sinalada até o último momento e parece que non lle é comunicado á súa muller. Esta desprázase co recentemente nacido noveno fillo para amosarllo e é neste momento cando lle transmiten o desenlace da execución.

Ignoramos o por que da escolla da data mais non cremos arbitrario o criterio de xuntar outros destacados dirixentes estradenses condenados a morte nun mesmo acto macabro. Así, coinciden diante das balas seis veciños do noso concello que eran procesados en dúas causas distintas: o alcalde Jesús Ignacio Puente Fontáns, os tenentes de alcalde, Ramón Fernández Rico e José Rodríguez Sangiao; e os veciños José María Pena López, Manuel Nogueira González e Cándido Tafalla Froiz.

As últimas cartas de Ramón son de despedida. Dalgún xeito xa o era a escrita logo de coñecer a resolución do tribuntal militar e que dirixiu xunto cos demais sentenciados ao pobo da Estrada e que, como é sabido, entre peticións de auxilio e colaboración cara as súas familias demandaba da primeira corporación democrática que unha rúa os recordara (aínda estamos agardando hoxe). Mais as cartas do 4 de xuño xa son máis persoais e desesperadas. Mesmo reflicten a derrota e a rendición fronte a un réxime que cumpría o seu cometido ao facerlle legar nalgunhas das súas recomendacións para as novas xeracións, para os seus fillos, a advertencia de que non se metan en política; se ben el se reafirma nas súas conviccións. As dúas cartas do 4 de xuño reflicten momentos e estados de ánimo diferentes na véspera da morte. Unha carta apresurada, coa letra tremorosa, mesmo corrixida por enriba, outra, escrita no papel de pedido dunha cervexería, mais firme e detallada, nomeando un por un a todos os seus fillos e mesmo facendo unha referencia para aconsellar á muller que aforre os cartos do seu enterro. Di o texto:

"Pontevedra: 4 de junio de 1937

Mi querida Pura, en este momento me encuentro en capilla y desde aquí te mando mi último abrazo para ti y para todos mis hijos, pues se los das por no poderselos dar yo. Ten resignación y paciencia, no hay qué hacerle, fue mi destino y no te digo más. Le das muchos besos a los niños y un abrazo a Joaquín y a los otros. Sin más te abrazo, tu esposo por última vez:

Ramón Fernández

Adiós Pura mía

Adiós Purita, Pilar, Ramoncito, Pepiño, Divina, Carmiña, Tinito, Linito y Manolito, adiós queridos hijos todos vuestro padre:

Ramón Fernández Rico

Lo que has de gastar en mi entierro viste a los niños. Adiós querida Pura adiós".

Compartir el artículo

stats