Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Lume!

Isto, que parece ser un berro de guerra dos anos 60, 70, 80... en calesqueira das parroquias do rural galego, segue sendo unha expresión (case que cotiá e anual) no noso entorno; e, sí, por aquel entón soaban as campás e viña a Benemérita reclutar nos vecinos; e agora... chamas ao 085, 112, etc. e vén un persoal específico (que non meramente profesional) facerse cargo. Do resto, os cambios son practicamente irrisorios ou case nulos, co apunte dunha climatoloxía totalmente cambiante e máis brava.

Gustaríame non ter que escribir isto, pero corróeme un nulo avance da sociedade logo de tirar tantos cartiños que podían ser invertidos en cousas moito máis proveitosas. Da pasada ola de lumes no mes de outubro, con catro mortos, e miles de hectáreas queimadas, o único que se saca en conclusión é un rifirrafe político, onde o que eu antes criticaba e puña o grito no ceo, agora deféndoo e doulle razón de ser segundo me conveña, ou sexa, se estou gobernando opino dunha maneira e se estou na oposición opino o contrario, pero sen dar solución, e tras vir a choiva xa nos esquecemos de todo.

E, sí, se alguén pensa que detrás de semellante desgraza xa non vai voltar pasar outra, está moi equivocado. De tantas faladurías de expertos e menos expertos que xorden tras un fenómeno destas dimensións, vou facer fincapé nunha dada por un decano da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde apelou á nosa orixe Celta, povoación que usaba o lume a cotío e en multitude de tarefas, e como tal orixe nós seguimos cos seus costumes, e seguimos usando o lume para todo, para limpar a finca, espantar o xabarín, o lobo, crear pasto...

E, sí, a propia administración tamén fai uso deste lume, en pleno século XXI, poñendo o seu persoal a facer "queimas controladas", tamén chamadas "queimas prescritas", que non sempre se controlan, e ás veces causan desgrazas, en beneficio de non se sabe quen...

E, sí, que non te enganen, non hai tramas, non hai recalificacións... só hai auténtico paletismo, ignorancia, atraso cultural, que nos fai gastar moitos millóns de euros sen darnos conta...

E, sí, se pensas que a expresión "lume!" non a vas voltar oír, estás errado, a sociedade é así, paisanos, estudados, políticos... De feito, dende o pasado outubro xa houbo máis lumes...

E, sí, para o ano seguiremos coa mesma teima.

*Bombeiro forestal

Compartir el artículo

stats