Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Os sindicatos agrarios son necesarios

Di o preclaro senador do PP por Pontevedra D. José Crespo que os sindicatos no campo non teñen razón de existir e que debería haber unha soa voz "potente e única" para solucionar os problemas do agro. E, así, con esas palabras que responden non sabemos a que nin a quen, o senador Crespo acaba con todo o espírito da Constitución Española, si, a vixente, esa que nos rexe a todos e que un senador debería salvagardar igual que calquera (ou algo máis). Pois, si, señor Crespo, a Constitución Española di que as patronais e sindicatos son organizacións básicas para a defensa e a promoción dos intereses económicos e sociais. E son básicas porque a súa existencia garante que haxa gobernanza democrática e fai máis efectivas e estables as políticas.

Durante o franquismo, senador Crespo, houbo unha voz única, forte e cun gran dirixismo estatal. Pero claro, non será o modelo ao que se refire. Porque iso era antidemocrático. E era tan malo que na Constitución Española blindouse a diversidade e o papel das distintas organizacións facendo que o dereito de asociación e de libertad sindical sexa un dereito fundamental, dos que son a base do noso sistema democrático. E como se organiza cada sector, a quen se asocia ou como se rexistra é un dereito de cada un; tendo a administración (e os representantes públicos tamén), senador Crespo, a obligación de velar por que teñan a liberdade de facelo.

Mire, non só penso que as súas declaracións foron desafortunadas e que ao mellor responden a un desexo interno seu máis que a unha análise pausada, pero é que vostede é senador e un representante do pobo (de todo, ata do que non lle votou) e non pode defender ou atacar a ninguén (por moi amigo ou inemigo que sexa) cuestionando a base do noso sistema democrático.

Os sindicatos agrarios e as cooperativas impartimos formación ó sector agrario, negociando e conxeniando coa Administración. E pensamos que o facemos ben e que aseguramos unha impartición de cursos sometida ó control e a testaxe da Administración. Pregunte na casa, seguro que alguén lle pode contar cómo se fai. E defendemos esta maneira de facelo. Se alguén di o contrario, pois discutiremos e defenderémonos. E xa está.

E aí remata a historia, ¿cómo chega vostede a valorar o que pasou e dicir que non debería haber sindicatos agrarios? Pense, senador Crespo, pense, que ao mellor foi un exabrupto que lle saiu así. E se ao pensar, esa segue sendo a súa idea formada, pois pídolle que a traslade aos responsables do Partido Popular e do Goberno agora en funcións para saber se é compartida. Dende logo,a Unións Agrarias interésanos moito sabelo. Quedamos á espera.

*Secretario comarcal de Unións Agrarias (UU AA)

Compartir el artículo

stats