Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

desde mi atalaya

Manuel Torres

Torres e Manuel María

Con motivo do día das "Letras Galegas", adicada este ano ao poeta de Outeiro de Rei, Manuel María Fernández Teixeiro, nacido o 6 de outubro de 1930 e falecido o 8 de setembro de 2004, e sabido que o noso insigne artista Manuel Torres, ademais de cultivar as artes, cultivaba a amizade e por iso tiña unha gran relación cos personaxes destacados da época, tanto da cultura, coma das artes e do galeguismo, e que tiña unha gran amizade con todos eles, como Ramón Otero Pedrayo, José Mª Castroviejo, José Filgueira, Domingo García Sabell, Aquilino Iglesias, Francisco Fdez del Riego, Ramón Mª Aller, etc., etc. Por iso traemos hoxe ao noso comentario a súa relación con Manuel María, para unirnos á homenaxe que o mundo da cultura galega dedícalle, á vez que nos serve de recordo ao artista ao cumprirse vinte un anos do seu pasamento, recordando á relación estreita que ambos cultivaron ao longo das súas vidas. E así neste tempo cruzáronse misivas e agasallos, cada un da súa especialidade. Con tal motivo recollemos hoxe aquí a reseña dunha carta que Manuel María dirixiulle o 10 de marzo de 1961 desde Monforte, que di así:

"Meu querido e admirado amigo: Hai xa días recibin a sua acuarela que moito lle agradezco. Fareille por un cuadro para colgala no meu despacho... En Lioboa van a publicar una breve escolma, que eu mesmo fixen, da miña poesía ou mellor: dos meus versos. E pidenme, de un artista galego, catro ilustracios, o mais axiña posible para ilustrar o texto que lle remeso que irá precedido dunha nota biobiliográfica?. Remoselle o testo para que teña una idea dos poemas a ilustrar?. Con saudos moi cordiales de Saleta, reciba una aperta diste seu amigo certo i admirtador. Manuel María".

Neste libro titulado "Escolmas de poemas" leva un primeiro poema de Documentos Persoais de 1948, titulado "Carné de Identidade", e di: "Eu son Manuel María.- Nacín o ano 30, o 6 de Outono en Otero de Rei da Terra Chá. -Son dunha rexa de labregos- fideles a sua terra i ó seu Deus. -Agora son un namorado- Eu son Manuel María, Cantor da terra Chá que algunhs dín. -Cantor da Terra Chá que leva ún -cravada nas entranas, pensó eu. -Eu son manuel María, -labrego con algo de poeta. -Por iso gardo as albas -no fondo dos meus allos -e ando de vagar o meu camino, -e pídolles as caosas tenrura-i óis homes pídolles verdade. -Non teño mais tafega:-son una folla homilde que salaia -na noite escura movida polo vento. -Eu son Manue María:-un son tan só, lonxano e fleve."

Como vemos unha declaración de identidade ou presentación do poeta, e tal coma di, naceu no ano 1930, con todo, as suas biografías dan como ano de nacemento o 1929. ¡Cousas da vida!

Compartir el artículo

stats