Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Paz, amor, mitins e papatorias a gogó

Din as estatísticas que este ano estanse a recuperar as comidas e ceas de empresa que quedaron estancadas pola crise económica, e semella que o fenómeno tamén renace na política, ainda que algunhas formacións nunca abandonaron o gusto por debullar o programa electoral ao ritmo dos camaróns ou a empanada en distintas variedades. É o caso do PP, que onte convidaba en Moaña á súa candidata Ana Pastor, mentres Rafael Louzán, agora á fronte do fútbol galego, facía outro tanto nun local de Cangas. E hoxe toca tornavoda en coñecida marisquería a conta dos populares cangueses, donde repetirán @s comensais de xornadas anteriores.

Competencia de alumeados

Hai algúns ruxerruxes sobre as bondades e maldades dos alumeados navideños de Bueu, Cangas e Moaña, así como discrepancias sobre cal é o máis bonito, o máis eficiente ou o máis enxebre.

E as tarxetas navideñas?

Seica tamén hai negociacións coas imprentas sobre os custes de estampar as felicitacións institucionais do Nadal, que nunca están de máis... en épocas electorais.

Compartir el artículo

stats