Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Puntada a puntada

Por unha vez, e sen que sirva de precendente, teño que darlle a razón as Novas Xeracións do PP, e tamén a César Abal, quenes hoxe se manifestan uns e apoia o outro nunha rede social, "Cidadáns vota co BNG no recibo do IBI" e que non somos de fiar. Certo, non somos de fiar, nós somos mais de agulla e fío, mais de puntada a puntada, mais de labores de pouco a pouco, de sentar as bastas, de facer o patrón adaptado ó corpo. E por riba de todo, somos mais do noso, moito máis que o de meter remendos en falsificacións.

Vender mentiras sae caro, moito, porque ó final, os vernices caen sós. Non estamos en momentos de contos. Non estamos para que nos mintan máis. Os orzamentos da Xunta están publicados. Non hai cartos para o transporte, coma se fósemos capital de provincia de segunda, 26.000 euros para o Hospital, o mesmo que o ano anterior, que é o mesmo que nada, un millón e medio para o saneamento da ría, que é como a obra do Escorial, tema recorrente, máis a ría segue sucia, e cinco millóns para o edificio Xudicial, co que xa temos guerra entre o Concello e a Xunta, que é o que da noticias, resultado: os partidos gañan, os veciños perden.

E se isto vai de contar contos, temos una ristra. E para exemplo, e como vai de agulla e fío, un botón. O plan PIVE, o plan para axudar ó sector da automoción. Subvención de 1.000 euros como axuda para mercar un coche. Titulares cheos de boas intencións, por fin chega algo ós da rúa, por fin entran cartos directos ó peto dos nosos. Mais o conto non remataba ahí, e que logo había que devolverlle a Facenda case a metade, e por riba obrígannos a presentar a renda, igualiño que nas axudas dos arrendamentos. Primeiro dan , pero sempre quitan, sen aviso, para que doa máis.

Pero nós seguimos puntada a puntada, con números, coa verdade. O IBI subiu na nosa cidade, fai catro anos, pero a orde non saíu do concello, saíu de Madrid. E para o ano, o recibo será o mesmo, porque así o atrapallaron dende arriba. Non sube o noso recibo. Inda por riba dicir, que o que pagamos na nosa cidade é un dos mais baixos do panorama nacional, posto que os que mais os soben son os seus. Mais o fan como sempre, prometer prometen , e unha vez conseguido nada do prometido, así a modo de pincelada as declaración de Gil, no Concello de Lorca, onde mandan os fiadeiros :" foi materialmente imposible baixar os impostos ainda que o levabamos como compromiso no programa electoral. Subiremos o IBI".

Os heroes dos contos non amenten, os heroes dos contos traballan. Estamos cansos de que non falen certo, se dous mais dous son catro, non poden ser tres. Se queres que baixen os impostos, pídeo, de verdade. Máis non o piden pero si o venden. As políticas rastreras, as que levan no sangue, no ADN, non teñen cabida xa. Deberon perder algún capítulo de Barrio Sésamo, no que explicaban que o branco é branco, e o negro é negro, ou só os durmían co conto de que vén o lobo, e creceron sen entender mais aló. Cidadáns chega sen medo, rematando o que cose, sen complexos, facendo unha marca propia limpa, falamos sen contos, dende a verdade, antepoñendo os veciños ás siglas.

Nós coseremos en Pontevedra, para e por Pontevedra, os demais que sigan fiando e enredando. O cambio é noso.

*María Rey é voceira do grupo municipal de Cidadáns no Concello de Pontevedra

Compartir el artículo

stats