Hoxe é o día no que fago un pequeno repaso dos últimos seis anos da miña vida. Seis anos xa, apenas un suspiro. - cantas cousas nos pasaron a todos neses seis últimos anos?

Se nos paramos a pensar o que nos sucedeu a cada un de nos en todo este tempo, seguro que veñen unha chea de recordos. Uns bos e tamén algúns malos. Botamos a mirada a atrás e vemos todas as persoas que quedaron no camiño e tamén vemos outras que de unha ou outra forma entraron nas nosas vidas. Estes seis anos para min foron moi especiais, e no laboral teñen dúas etapas moi diferenciadas unha primeira 2007-2009, no gabinete do conselleiro de Traballo. - unha segunda etapa 2009-2013 vinculado ao sindicato UGT. A miña marcha do Concello alá no 2007 deixábame unha certa incertidume sobre o que me ía a suceder, deixaba uns fantásticos compañeiros cos que nunca perdín o contacto, e cos que agora me volvo a reencontrar. - dábame a oportunidade de coñecer a outros igual de fantásticos compañeiros, de ver outras formas de traballar e de ter outra perspectiva da realidade e da sociedade. - sobre todo tiven a oportunidade de aprender.

Na Consellería de Traballo a miña labor no gabinete era a de axudar e contribuír cos meus coñecementos ó desenrolo da política autonómica en materia laboral. Alí preparabamos iniciativas parlamentarias, organizabamos xornadas, negociábanse as relacións laborais cos axentes sociais, elaborabamos estatísticas de emprego, en fin, todo o que tiña que ver co emprego de Galicia, que por certo hai que ver como quedou no 2009 e como o están deixando agora do 2013. No sindicato UGT, e como centro colaborador da Consellería de Traballo, realizaba traballos de Orientación Laboral, Itinerarios Personalizados de Inserción, impartín cursos de formación para traballadores en activo, asesoraba laboralmente ós traballadores, e o peor de todo foi que asistín e fun testemuña do desmantelamento do tecido industrial e a destrución salvaxe de emprego nos nosos concellos.

En canto ó traballo realizado xunto cos meus compañeiros do grupo municipal socialista, dicir da infinidade de reunións con veciños para escoitar as súas demandas para despois trasladalas ós plenos municipais en forma de mocións, preguntas ou propostas. Centos de horas de adicación, que sen lugar a dúbida é o traballo mais gratificante para min. En todo este tempo tamén tiven tempo de formarme, así completei na USC o Curso Superior de Relacións Laborais, outro de Formador de Formadores, e outro máis de Orientación e Inserción Profesional. Como podedes comprobar estes seis anos de vacacións aproveiteinos ó máximo e pasáronme voando, e volvería a pasar outros seis anos mais adicándome profesionalmente as mesmas tarefas, porque me gusta e porque me sinto útil desempeñándoas.

Solamente me queda dicir que agora ao retomar o meu traballo como funcionario seguirei traballando por prestar un servizo público aos cidadáns poñéndome á súa disposición para tratar de facerlle a vida un pouco mais doado.

*Secretario xeral do PSOE de Vila de Cruces.