Campo de Granada

O futuro da cultura impresa

Manuel Bragado

11.03.2013 | 08:44

Convocado polo Consello da Cultura Galega o venres pasado participei na xornada de debate arredor do futuro da cultura impresa na rede, con especial atención á xornalística e á do libro. Como era previsible, a cerna da deboura estivo en como facer compatible a mudanza do paradigma comunicacional actual -o paso irreversible dunha cultura impresa baseada na imprenta gutemberiana a outra dixital xerada por Internet- con modelos de pagamento dos contidos dixitais que permitan unha vía para unha economía sostible da industria editorial.

Á luz da presentación dos dous modelos de negocio das plataformas dixitais da prensa española, valorouse se é posible que os lectores e lectoras de contidos dixitais, afeitos até agora a acceder de forma gratuíta aos xornais na rede, estean dispostos a pagar por eles neses novos "quioscos dixitais". Unha cuestión fulcral para o futuro dos xornais e das empresas periodísticas sometidas ademais estes últimos anos aos efectos do severo encollemento do mercado publicitario, tanto nos soportes impresos coma tamén nos dixitais, como á caída de vendas dos xornais impresos, por mor da crise de devaluación interna na que estamos instalados e a súa inevitable diminución da actividade comercial. Unha encrucillada de saída moi incerta e difícil, xa que polo momento os diversos modelos de prensa dixital en España, a pesar de aumentar de forma espectacular a súa audiencia, cada vez máis atomizada e multidispositivo (dende os ordenadores, mais tamén dende taboíñas e smartphones), non son capaces de xerar os recursos abondos para asegurar a súa viabilidade.

Unha encrucillada e unha incerteza que afecta tamén á industria do libro, sometida a un proceso de profunda transformación, dende hai case unha década, cando comezou o fenómeno e-book, que tras cinco séculos de grande estabilidade arredor do obxecto "libro", separaba o continente do contido. Coa aparición do chamado "libro electrónico" (un concepto moi amplo, que engloba aos e-books, mais tamén ás aplicacións de lectura multimedia ou aos libros educativos en rede), o coñecemento ou a creación literaria podían deixar de viaxar de forma exclusiva nun soporte impreso e encadernado para ser ofrecido ao público nas librarías. Abríase así un novo concepto para o libro, definido só polo seu contido. Unha mudanza decisiva na historia da comunicación cultural. Unha transformación que afecta a todo o proceso de edición, dende as creacións autoral e editorial, pasando pola distribución, até a recepción. Os autores e autoras poderán tirar partido das utilidades do hipertexto, que define o novo paradigma dixital, botando man das posibilidades de enlazar os seus hipertextos ou empregando imaxes, sons e outros recursos multimedia. Mais tamén, e non semella menos importante, os lectores e lectoras terán a posibilidade de compartir a súa experiencia de lectura, tamén co autor, e co editor, utilizando as redes informativas e sociais. Unhas utilidades dixitais que obrigan a redefinir o papel de intermediación dos editores e distribuidores e a reinventar a cadea de valor utilizada no proceso.

Tanto no caso da prensa como na edición de libros, a pesar das súas singularidades, este incerto proceso de tránsito obriga á hibridación, á necesidade de ofrecer tanto produtos impresos como dixitais. Explorar as posibilidades da edición expandida, baseada na complementariedade entre soportes e utilidades (uns contidos para o papel, outros diferentes para as pantallas), ou artellar alianzas sectoriais, e mesmo multisectoriais, para a distribución do contido dixital (informativo, editorial, musical, audiovisual ou multimedia), mesmo en colaboración coas subministradoras de telefonía, poden ser estratexias a ensaiar neste entorno tan bretemoso. Porén, nesta reinvención da industria cultural dixital, os editores de prensa e libros, como os produtores musicais e audiovisuais, ademais de ofrecer produtos (servizos) dixitais atractivos ao prezo máis axustado, debemos defender un modelo de propiedade intelectual que faga compatible o lexítimo dereito a cobrar polo seu traballo por parte de autores e editores co dereito ao acceso á información e á cultura da cidadanía. Sen desanoar este nobelo prexuizoso que identifica o acceso a calquera contido dixital na rede coa súa gratuidade, será imposible saír desta encrucillada. Tras este debate, aparentemente inocente mais de grande importancia política, está en xogo a sobrevivencia dun sector de prensa plural e territorializado e a viabilidade dunha industria cultural de calidade. Unha encrucillada de saída máis complexa en culturas minorizadas coma a galega, con enormes dificultades para contar con contidos dixitais na lingua propia.

bretemas@gmail.com

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

LUIS GANCEDO

La anatomía de la tasa de paro

Todavía es diez puntos superior a la del 2007

 
 

Consecuencias de la falta de aparcamiento

El concejal del PSOE de Cangas, Alfredo Iglesias, no llegó al minuto...

 
 

Alea jacta est, Roma!

YO ROMA, ROMA MÚSICA. Anoche estuve escuchando a la tuna en la Plaza Mayor de Salamanca, pero...

 
 

DANIEL CAPÓ

9 de agosto de 1942

Una regla universal nos dice que, casi en cualquier ámbito, las personas excepcionales son...

 
 

EUGENIO FUENTES

Tácticas nuevas para viejas redes

Los atentados por atropello o apuñalamiento no se inventaron en Niza...

 
 

J.M.EGUILETA*

As pontes sobre o río Miño

A historia dun territorio ten moito que ver coa das súas pontes. Iso lle contaba ao equipo da...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine