As actividades do Concello de Bueu incluiron esta semana unha tertulia literaria ao redor do libro "Carol", de Patricia Highsmith (o título orixinal era "O prezo do sal"). Esta novela conta cunha recente adaptación cinematrográfica protagonizada por Cate Blanchett e dirixida por Todd Haynes.

O Cineclub Bueu proxectará hoxe esta película no Centro Social do Mar, ás 19.30 horas en versión dobrada e ás 22.00 horas en versión orixinal subtitulada. A entrada será de 2 euros para os socios e de 4 euros para os non socios.