Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Na procura de financiamento para escavar e abrir ao público o castro de San Martiño

Brais Currás desvelou que está a traballar, co apoio da Comunidade de Montes de Moaña e da federación veciñal A Chamusca, na procura de financiamento para escavar e sacar á luz o castro de San Martiño, que se ubicará detrás da igrexa parroquial e da casa reitoral. "Estamos empezando a movelo e queremos aproveitar a cercanía da festividade de San Martiño".

Dende a Xunta de Montes explican que tratarán de buscar o apoio económico por parte de distintas administracións como a Deputación de Pontevedra ou a Consellería de Cultura.

O historiador entende que o proxecto se plantexa coa idea de convertir ese castro nun espazo aberto para o público, en combinación cos elementos arquitectónicos de San Martiño. Cremos que ten un grande interese científico e tamén divulgativo. Indica que non sería o primeiro castro escavado no termo municipal de Moaña, "pois o de Montealegre, en Domaio, é un dos primeiros que se escavou en Galicia".

Pero este sería o primeiro aberto ao público. "Estaría ben facelo, sempre con criterios rigurosos e científicos", indica.

Compartir el artículo

stats