Sapos, curuxas, demos, trasnos... Unha chea de persoaxes aos que ao longo do tempo lles tocou interpretar o desagradecido papel dos malos son, por unha vez, os protagonistas. Trátase do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que hoxe abre as portas no Pazo da Cultura e polo que está previsto que pasen 6.000 escolares da comarca, ademais de centos de familias dispostas a vivir unha experiencia de medo.

"O medo e a curiosidade camiñan da man, por iso é unha das fontes de inspiración máis estimulantes para os creadores", sinalan os organizadores do Salón, que un ano mais fai un gran esforzo de ambientación para sumerxir os nenos nun mundo de fantasía e brindarlles experiencias.

As primeiras serán hoxe mesmo. Tra lo acto de apertura, conducido polo grupo de contacontos Pavís Pavós, no que participarán a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o alcalde, Miguel Fernández Lores, actuará o grupo musical "Golfiños" e iniciaranse os contacontos para nenos e familias.

Ás 12.30 horas estaba prevista no Teatro Principal a actuación da Banda de Música de Pontevedra que finalmente se traslada ó vindeiro día 11. O que sí se mantén para hoxe, xa pola tarde, no Pazo será un obradoiro para nenos adicado ó maquillaxe de medo.

Este obradoiro escomenzará ás 18 horas e media hora máis tarde terá lugar no Teatro Principal o espectáculo Buuu! a cargo de producciones Yllana, especialistas en facer humor sen palabras.

Este espectáculo, con entradas á venda a 2 euros, entra de cheo no mundo do terror e transforma os monstros para amosar aos nenos que o medo ten tamén moito de cómico.