Da súa familia herdou o maior Tesouro do Mundo, a humildade, a modestia, a bondade. Sendo ben cativo gustaba de xogar a construír castelos de area na praia das Marañuelas, nas tranquilas augas do seu Arguineguín natal. Foi daquela cando principiou a dárlle as primeiras patadas ao balón e foi daquela, tamén, (co mesmo balón) cando lle rompía as macetas das plantas á súa nai coa complicidade do seu irmán.

Os seus amigos, que son moitos, chámanlle Juan Carlos e el responde sempre cun cariñoso sorriso. Gusta de xantar gofio e caldeirada de peixe ou papas ou arroz á cubana? sempre e cando sexan preparados pola súa nai.

Del aprendimos que as cousiñas máis sinxelas da Vida, aquelas que non se poden mercar con cartos, como a autenticidade ou o amor son as cousiñas máis importantes e máis difíciles de acadar. Velaí o seu grande segredo, como xogador e como persoa. Ten dito que xoga ao fútbol polo amor de Deus e ten dito, tamén, que lle fai a mesma ilusión xogar no Dépor en segunda que facelo coa Roxa. Os siareiros de todo o Uni(verso) fútbol, bérranlle ao unísono, Valerón, Valerón?Va-le-rón! - el, brazo ao Ceo, saúda afectuosamente.

En definitiva, Iniesta dixo del que pagaría unha entrada por velo xogar. Del Bosque ten comentado en máis dunha ocasión que encaixaría perfectamente na selección. - eu, permitídeme a licenza, digo que este xogador, que é quen de escribir os mellores versos cun balón nos pés, todo un referente no planeta - fútbol é unha excelente persoa, todo un exemplo para todos os rapaces e rapaces que amades este deporte.

cando dentro de vinte ou trinta anos vos pregunten se lembrades o primeiro Campus organizado polo Sporting Estrada, dirémoslle, sen dúbidalo nin un intre: e como nos imos esquecer se o Poeta do Fútbol estivo na miña vila. - como nos imos esquecer se Juan Carlos Valerón estivo na Estrada.

*Profesor, escritor e director de Edicións Fervenza da Estrada.