Pasada xa a barreira de dous mil anos na andadura do calendario cristián e diante das ilusións da evolución humana nos tempos, podemos pararnos a reflexionar un pouco.

É unha mágoa que chegados ó devandito século aínda non sexamos capaces de poñerlle remedio a moitos males que está a sufrir este mundo en que vivimos.

A motivación do título está claro como indica a palabra "queima". Si, tólos anos, cando empezan as calores, arden os montes. E, por todo elo, volvemos ó despregamento dos medios informativos que nos dan conta da película de sempre: número de hectáreas da queima, helicópteros, avións, bombeiros, patrullas etc., etc. Tamén, para máis desgracia, nos dan conta da xente ferida e das mortes. Logo, empezamos cos culpables pensando sobre todo nos pirómanos, intereses, raios ou centellas... E dalle cas mesmas solucións de sempre que non sirven para nada; eso sí, unha chea de perdas e malgastos.

Buscando remediar, alguén fala que hai que desbrozar. Esta palabra non sirve, pois non a podiamos cambiar por a de "limpar"? Non sirve de nada desbrozar e deixar a broza, pois tan pronto seca arde coma pólvora. E que, no século XXI, non somos capaces de limpar o monte con tódolos instrumentos técnicos que podemos ter? Antes limpábanse con arpeiros de labranza e non ardían. Non somos capaces de darlle utilidade a biomasa, que ben seguro é unha riqueza que temos aí. Non somos ou non queremos ser? Éntranme as dúbidas?

Hai tamén outras queimas máis que están cada día a difundir os medios que nos deixan arrepiados. Estou a falar dos incendios dos inmobles, que levan consigo moitas perdas de vidas ademáis do custo material. Non digamos as producidas polas bombas dos exércitos ou terroristas que destrozan e incendian edificios acabando con miles e miles de vidas inocentes.

Con respecto a esta última traxedia estamos vendo que hai distintas varas de medir. Está ben que se garden minutos de silencio testemoniais cando suceden certas desgracias, pero hai moitas e máis grandes a veces que lle facemos oídos xordos. Xa non me refiro as catástrofes naturais, que algunhas veces non se poden evitar, falo das causadas nos países en guerras, que cada pouco nos ofrecen un montón de mortes producidadas por esas armas sofisticadas que lle vendemos para facer un dos mellores negocios do mundo. En moitos silencios tiña que falar a hipocresía a ver se máis de un fuxía espaventado pola vergoña, se é que aínda queda algunha neste mundo.

Esta é a queima do século XXI. A contradicción está servida. Cando poderemos apagar todas estas clases de lumes que tanto mal fan a humanidade? Para que están eses adiantos e progresos que tanto presumimos deles!