Nestes momentos estase discutindo no Consello Forestal, o borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galicia, lei que tamén afecta aos montes veciñais en mán común. O primeiro borrador de este anteproxecto de lei era totalmente negativo para a supervivencia dos montes veciñais en mán común. Este borrador prantexaba a colocación dos primeiros marcos para proceder á privatización dos montes veciñais e permitía a usurpación da xestión aos veciños e veciñas comuneiros a favor das sociedades mercantís dos montes veciñais do interior do país.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm), mellor dito, as comunidades de montes veciñais en mán común que conforman esta organización, foron quen de introducir melloras, algunhas delas importantes, neste primeiro borrador. De feito, o segundo borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galiza, millora o primeiro, mais, aínda é insuficente. Insuficente para defender a titularidade comunitaria que son os montes veciñais. Insuficente para poder acadar un monte veciñal multifuncional e sustentable.

Fica claro que a unidade de acción das comunidades de montes é unha ferramenta poderosa que temos as comunidades de montes para lograr lexilacións adecuadas para a figura e para a función dos montes veciñais en mán común. E aínda estamos a tempo de conquerilo xa que falta a votación do borrador da Lei de Montes de Galiza no Consello Forestal e logo todo o debate parlamentar.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm), ten convocada unha asemblea xeral de comunidades de montes para o sábado 12 de novembro de 2011, ás 10 da mañá no Pazo de Cultura do concello de Pontevedra. Asemblea xeral para debater o borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galiza e a toma de unha postura en común ante o mesmo. Que a Dirección Xeral de Montes recolla as achegas que prantexen as comunidades de montes, depende, e moito, da asistencia das comunidades de montes a esta asemblea xeral.

Se queremos que o monte veciñal quede reforzado na Lei de Montes de Galiza, temos que vernos en Pontevedra o sábado día 12 de novembro de 2011 a partir das 10 da mañá.