O pasado día 8 de agosto apareceu no FARO DE VIGO a esquela de M.ª Tereixa Sotelo Nogueira, tendo debaixo do nome a inscripción "Mestra de Coia". Eu penso que para os veciños do nobre arrabaldo vigués isto ten que ser un motivo de orgullo, pero teño que dicir que Tereixa non foi mestra dun lugar concreto ao selo de todas e de todos, porque a súa vida foi un exemplo e modelo de persoa ensinanta e resignación. Sabemos que por lei de vida temos que deixar este mundo, pero cando cada día nos erguemos pensando que vai a ser o derradeiro iso xa non é tan doado. Tereixa mantivo durante perto de dúas décadas unha loita a cotío coa morte debido a gravísima enfermidade que se lle detectou, non obstante continuou a laboura de mestra no Colexio Celso Emilio Ferreiro ata a súa xubilación, da que pouco disfrutou.

A maior das riquezas é a saúde, cando se perde decatámonos do que ela significa e resulta impropio os que gozamos dela, que nos queixemos á menor contrariedade, Tereixa deu unha lección de amor ao seu home, fillos, compañeiros, compañeiras e xa no solpor da súa vida aos netos. Durante a misa que tivo lugar na freguesía do Cristo, despois de ser encisada, oficiada dunha maneira fermosa polo pai Manolo, ao remate da mesma o seu fillo, moi emocionado como é natural, leo os seguintes pensamentos sacados da libretiña que sempre a acompañaba e que ela titulou "As miñas preferencias" que sirven para decatarnos da súa nobreza espiritual: "Prefiro levantarme tarde a non levantarme". "Prefiro dicir vou a visitarte a xa nos veremos" . "Prefiro chegar tarde a non chegar". "Prefiro cantar a que me canten" . "Prefiro acoller a que o fagan conmigo".

Para min foi unha satisfacción e tamén un honor compartir o ensino con Tereixa no devandito colexio de maneira que o seu recordo permanecerá conmigo, porque o recordo é o espello onde miramos aos ausentes para que conosco estén sempre presentes.

Abeizón Tereixa polo teu exemplo.