cíes, o paraíso de todos
Derradeira chamada a Cíes
Este venres 25 remata o prazo para participar na oitava edición do concurso
![ACTO DE ENTREGA DE LOS PREMIOS DEL VI CONCURSO DE DEBUXO " CÍES, O PARAÍSO DE TODOS ", CELEBRADO EN EL AUDITORIO MAR DE VIGO.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/15e986bc-745a-4595-b564-062649878519_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
ACTO DE ENTREGA DE LOS PREMIOS DEL VI CONCURSO DE DEBUXO " CÍES, O PARAÍSO DE TODOS ", CELEBRADO EN EL AUDITORIO MAR DE VIGO. / JOSE LORES
C. M.
Cada vez falta menos para descubrir os nomes dos afortunados gañadores do certame “Cíes, o paraíso de todos”.
Este venres 25 remata o prazo para entregar as láminas de debuxo onde os participantes plasmaron a súa visión das illas más bonitas do atlántico; do mesmo xeito, tamén finaliza o tempo para presentar os vídeos en grupo (cun máximo de cinco minutos e estilo totalmente libre).
Así que, se xa tes preparadas as túas obras pero queres recordar onde e como entregalas, atende as seguintes líñas! Esta é a derradeira chamada a Cíes!
Facemos un repaso polas canles mediante as que podes enviar os teus traballos: por correo electrónico nun wetransfer, drive ou similar á seguinte dirección: ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es; no formulario da web; ou, no caso das láminas de debuxo, por correo ordinario a CONCURSO CÍES, O PARAISO DE TODOS. Apartado de Correos 91 – 36201 Vigo, e presencialmente nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago e Pontevedra, na redacción central de Chapela ou na oficina central de Policarpo Sanz 22, en Vigo.
A partir de aí, todo dependerá do fallo do xurado. Recordamos que en cada categoría individual haberá tres finalistas, e na colectiva un por cada tramo de idade, que FARO publicará no xornal do venres 2 de decembro.
A entrega de premios será tamén ese mesmo mes, e será imprescindible asistir para poder recibir o agasallo correspondente. Sorte!
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda