A finalista do programa MasterChef 6 participará na Feira Etiqueta Negra gourmet galego e innovación inspiradora e o sábado ás 17.00 horas ensinará como preparar faceira galega cun toque tropical que sempre incorpora nos seus pratos. Esta cubana afincanda en Pontevedra desde hai máis de sete anos destaca a importancia de eventos coma este para despertar interese polos produtos locais entre os consumidores galegos porque -apunta- pese ao potencial de Galicia a maioría dos seus alimentos expórtanse. O papel dos chefs na feira será demostrar que se pode facer "alta cociña e pratos rápidos e exquisitos" con produtos da terra. Para Fresneda, Galicia é un enclave privilexiado porque a maioría das súas materias primas son gourmet. De aí, a importancia de manter a súa esencia e que non perdan esa calidade suprema ao cociñalos. Tamén respeta esta tese cando incorpora as súas recetas un toque tropical, porque sempre o fai "na súa xusta medida" co fin de potenciar aínda máis o sabor das materias primas galegas.