Chega a Vilagarcía "A leituga", a comedia dramática coa que a produtora Emedous convida o público a reflexionar sobre as relacións familiares e o reparto dos coidados. A obra está dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por Antonio Durán "Morris", Mercedes Castro, Federico Pérez, María Vázquez e Xosé Barato. "A leituga" aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? A montaxe dirixida por Víctor Duplá achegaranos unha reflexión teatral ao respecto dos coidados e as relacións familiares a través de cinco personaxes que se han mover entre a esperanza e a aceptación, o sacrificio e a culpa, o afecto e o rancor. - Auditorio Municipal . 21.00 - desde 5 E