O colexio Sagrada Familia de Aldán conseguiu converter unha parte da parroquia nun lugar moi semellante a Belén. Unha Virxe María xunto a San Xosé buscando cobixo, unha pousadeira que nega o aloxamento, pastoras, lavandeiras e, por suposto, un anxo e os tres Reis Magos forman parte do reparto co se escenificou un nacemento dramatizado para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.