Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Segmentos de Marlowe

O mellor noir entre nós

Segmentos de Marlowe

Levada ao cine en 1973 por Robert Altman -e protagonizada por Elliott Gould, quen compuxo, nunha LA contemporánea, a figura dun Philip Marlowe ao tempo fiel ao creado por Chandler asemade que iconoclasta-, O longo adeus ("The Long Goodbye", 1953) constitúe, sen dúbida, un dos textos máis significativos de todos os tempos do xénero negro e, así mesmo, conforma a obra mestra do propio Raymond Chandler a quen lembramos igualmente por títulos inesquecíbeis como O soño eterno (1939), Adeus, boneca (1940) ou A irmá pequena (1949).

Certamente, o grande autor norteamericano foi quen, nesta novela e aínda no conxunto da súa obra, de levar a cabo unha indagación sobre os usos e costumes, os soños e pesadelos da clase alta da gran cidade californiana así como da delincuencia, máis ou menos organizada, dos "barrios baixos". Porén, o funcionamento desigual da lei e da xustiza, a soidade e mais a perda das ilusións veñen configurar ao tempo un decurso no cal o elemento social aparece magnificamente conectado cunha vontade de estilo na que destaca a poética do claroescuro, o deliñamento dos diálogos e, en fin, a capacidade por retratar unha paisaxe urbana tinxida de melancolías. Trátase dunha contorna onde tan só os sentimentos de amizade e lealdade son capaces de erguerse no medio dun universo poboado por personaxes equívocos, mesquiños, cínicos e impregnados moitas veces dunha violencia cega e irracional.

En tradución de Diego Ameixeiras e Alejandro Tobar, temos agora a oportunidade de reler este clásico no noso idioma. Parabéns a todos os que fixeron posíbel o acontecemento.

CHANDLER, Raymond, O longo adeus, Ed. Hugin e Munin, Santiago, 2019, PVP.15 ?

Compartir el artículo

stats