Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Seres do Introterrestre

Para crearmos un mundo mellor

Seres do Introterrestre

Unha nova achega, concibida como un videoxogo no que a protagonista debe atravesar varias fases ata a consecución do obxectivo final, irrompe no panorama literario galego para que o lector mozo lle poña rostro á fantasía, goce con personaxes imaxinarios, se alíe cos humanos e reflexione co que está sucedendo na superficie e no que está máis alá do chan que pisamos.

Probablemente inspirado pola vaga de lumes que desfai a paisaxe e a terra, cosntrúe Anxo Fariña unha historia que chanta as súas raíces na realidade pero que pronto mergulla os receptores no mundo Introterrestre, onde habitan malvados hocipontes, o clorifante Wix, o mozo-ourizo Ouri ou o Gardián da luz ancestral entre outros seres que verán na raza humana unha auténtica ameaza.

Un feito cotián como ir visitar a avoa á aldea é o punto de partida da aventura que ten unha parte real -o traxecto, a dependencia da rede, un irmán pequeno que dá a lata- e unha parte imaxinaria -personaxes misteriosos, perigos, seres malvados- que conflúen no desexo de crear un mundo mellor onde se poida vivir en harmonía, respectando o que somos, o que temos e o que a natureza nos ofrece. Para iso é necesario vivir situacións límite e Noa, a rapaza protagonista da novela, faino convidadando os lectores a que abran as portas do coñecemento para escoitar as demandas do entorno natural e social inmediato e do que está máis afastado, poruqe aí reside o realmente importante.

Semella que a concepción plástica e literaria van da man para facer que os rapaces perciban que as nosas actuacións teñen as súas consecuencias.

FARIÑA, Anxo, Os ecos do lume, Ed. Xerais, Vigo, 2019, PVP. 11, 54 ?

Compartir el artículo

stats