Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dolor y gloria

Precedida, antes da súa estrea, de eloxiosas e enfáticas críticas, o vindeiro 22 de marzo chega ás grandes pantallas a última película de Pedro Almodóvar, Dolor y gloria. Primeira vez que, á marxe do cameo que protagonizan en Los amantes pasajeros, Antonio Banderas e Penelópe Cruz, os dous actores españois máis internacionais, comparten pantalla.

En palabras do propio Almodóvar, Dolor y gloria narra a historia dun director -imposible evitar a alusión a un alter ego- no ocaso que rememora unha serie de sucesos que marcaron o devir da súa vida. A escasa información que transcendeu sobre o argumento deixa entrever unha historia sobre o proceso creativo, a semellanza de Fellini 8 ½ (1983): un proceso doloroso, pero necesario, debido á capacidade que a creación posúe para dar sentido á vida que nos rodea. Neste filme, Almodóvar volve rebuscar na tradición musical española para dar forma á banda sonora, como demostra a secuencia na que a cantante Rosalía interpreta, xunto con Penélope Cruz, a copla A tu vera, dos compositores Juan Solano e Rafael de León. No reparto tamén participan rostros coñecidos como os de Axier Aetxendia, Leonardo Sbaraglia, Nora Navas, Raúl Arevalo, Cecilia Roth e Julieta Serrano.

Compartir el artículo

stats