Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Obradoiros de pan de millo no Vigo

Festa do magosto no colexio

Carreira de sacos e grupo de Infantil cos seus traballos para o magosto.

Os escolares de Educación Infantil do Colegio Vigo realizaron este curso co gallo da festa gastronómica do Magosto un obradoiro de pan de millo no cole. Divertíonse e aprenderon mesturando fariña de trigo, sal, un pouquiño de auga e moitas gañas para que o resultado saíse tan saboroso como era de esperar. Grazas a todos estes ingredientes e moita paciencia conseguiron que todo o colexio arrecendera a pan recén feito da forma máis natural e así dispor todo o necesario para dar comezo á festa.

Un ano máis e seguindo a tradición, o alumnado de Infantil, Primaria e ESO participou do Magosto escolar xunto coas familias que se achegaron ao centro para visitarlo e pasar unha xornada diferente celebrando esta marabillosa festa na honra das castañas.

A celebración deu comezo coas actuacións dos diferentes grupos de escolares onde non faltaron refráns e cancións populares acompañadas de instrumentos tan nosos coma a pandeireta e as cunchas. Acto seguido tivo lugar a degustación de castañas asadas con chourizos e pan. Pero como non todo vai ser comer, non faltaron xogos tradicionais como os zancos, as carreiras de sacos, a comba, etc,. na que os país animosos tamén participaron.

Compartir el artículo

stats