O músico Samuel Soto compón por sexta vez unha “canción das Letras Galegas”

REDACCIÓN

O compositor Samuel Soto amosa cunha composición propia A Canción das Letras Galegas, por sexto ano consecutivo. Este ano a homeaxeada é Luisa Villalta. Soto, na súa canción resume en catro minutos a vida e obra da escritora e mestra. Nesta edición contou coa axuda da irmá de Luisa, Susana Villalta que lle facilitóu datos, e tamén coa Biblioteca Neira Vilas de Vigo.

Samuel Soto é un compositor multiinstrumentista membro de bandas de renome do panorama folk galego, natural de Quiroga. “Todo empezou fai seis anos, circunstancialmente e a día de hoxe me vexo na obriga de facela”, conta.

O videoclip foi gravado na Coruña, na Torre de Hércules e no Instituto Eusebio da Guarda onde a homenaxeada cursou estudos, e xa foi presentado está semán por Samuel no Colexio NS señora da Esperanza en Vigo, no CEIP Fontes de Baíña e hoxe, día 17, na Alameda de Bouzas en Vigo.