'esports'

O equipo de videoxogos de Aspas escoita a avoa galega: "Galicia chegou para quedarse"

Cun vídeo promocional nas súas redes sociais, LUA Gaming presenta os seus xogadores para a estrea na máxima categoría nacional do League of Legends (LOL), o xogo con maior peso nos deportes electrónicos

O equipo de Iago Aspas ascende á élite dos videoxogos coa axuda de Casemiro

A avoa galega falando cos xogadores de LUA Gaming, nun intre do vídeo.

A avoa galega falando cos xogadores de LUA Gaming, nun intre do vídeo. / LUA Gaming

O equipo de videoxogos de Iago Aspas e Ana Peleteiro, LUA Gaming, vai quentando motores para a súa estrea na primeira división do xogo con maior peso nos 'esports', o League of Legends (LOL). Cun vídeo lanzado en redes sociais, o club anunciou os xogadores, nacionais e internacionais, que farán historia co primeiro representante galego na máxima categoría nacional. Nesta división, a bandeira autóctona ondeará xunto coa do Barça ou coa de Movistar KOI, o conxunto do coñecido 'streamer' Ibai Llanos.

Cunha enérxica produción audiovisual coas postais de Galicia como fondo, LUA Gaming vaise preparando para o seu día grande, o da estrea na Superliga de LOL -un xogo de batalla- da liga de Videoxogos Profesional (LVP). Un dos momentos máis emotivos do vídeo céntrase na "muller máis sabia do mundo: a avoa galega". Esta lles explica aos 'gamers' que "o impotante é o camiño": "Hai algo na nosa terra que sempre sempre nos fai tirar para adiante, agora vós tamén o levades dentro".

Quen a escoita son os cinco rapaces que forman a nova aliñación de LUA -con dous cambios con respecto ao ano pasado-, o 'roster', en palabras do mundo dos deportes electrónicos: Sotsy, Sn1lle, Tsiperakos, Hazel y DuaLL. A eles súmaselles o adestrador, que tamén aterriza para a próxima temporada, o luso DeadShadow.

"É unha honra levar o estandarte 'da nosa terra' na competición de máis alto nivel. Estamos decididos a mostrar ao mundo o talento e a paixón que existen en Galicia polos deportes electrónicos", expresou, para finalizar, o director deportivo do club, Andrés Pérez.