Morre aos 71 anos o escritor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo
O autor e docente levaba semanas ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro

Alfonso Álvarez Cáccamo, nunha foto tomada en 2014 / Eli Regueira
O escritor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo, nado o 23 de outubro de 1952, faleceu nas últimas horas no hospital Álvaro Cunqueiro, onde levaba unhas semanas ingresado. O autor e docente tiña 71 anos e contaba cunha profusa obra publicada.
O diario Nós adiantou a nova esta tarde, e o seu irmán Celso confirmouna na súa conta de X. "Obrigado de antemán a quen queirades manifestar a vosa dor e apoio. Desculparedes que non responda individualmente as vosas mensaxes. Un abrazo", escribiu o tamén escritor e sociolingüista. En 2018 falecera outra das súas irmás, a artista Berta Álvarez Cáccamo.
Alfonso, que colaborou con FARO e durante 35 anos foi profesor no colexio de Panxón, deixa atrás unha longa traxectoria literaria. Foi galardoado con numerosos recoñecementos, como o Premio de Novela Café de Catro a Catro en 1988 por Peito de vimbio; o Xerais de novela en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso, o Álvaro Cunqueiro de Narrativa en 1993 por Xente de mala morte ou o Manuel García Barros de novela en 1996 por O espírito de Broustenac.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»