O caldo de gloria de Rosalía de Castro celebra os 187 anos dunha autora universal

Máis de 400 comedores e restaurantes prepararon a receita | Santiago acolleu a homenaxe central

O Dezaseis, fiel ó caldo rosaliano.   | // XOÁN ÁLVAREZ

O Dezaseis, fiel ó caldo rosaliano. | // XOÁN ÁLVAREZ / AXENCIAS

AXENCIAS

A Praza de Vigo en Santiago acolleu onte uno dos actos centrais de conmemoración polo Día de Rosalía 2024, no que se cumpren 187 anos do nacemento desta autora universal. Houbo unha ofrenda floral e a interpretación do poema “Quíxente tanto meniña” por parte de alumnado do CEIP Quiroga Palacios da capital galega.

No comedor do Igrexa de Candeán, onte.   | // ALBA VILLAR

No comedor do Igrexa de Candeán, onte. | // ALBA VILLAR / AXENCIAS

O acto contou coa participación do presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca; o secretario xeral de Política Lingüística en funcións, Valentín García; ou o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, entre outros. Este último sinalou que “Rosalía é algo que nos move, porque o horizonte para o que ela camiñou é o horizonte para o que nós queremos seguir camiñando”.

Alfonso Rueda destacou que Rosalía “foi un símbolo do feminismo, da igualdade, das letras galegas, da nosa cultura e da nosa identidade”.

O grupo Carapaus interpretou a Alborada para Rosalía e fixo un pasarúas ata o Hostal dos Reis Católicos onde se celebrou outro acto. A homenaxe proseguiu pola tarde na Casa de Rosalía en Padrón onde se degustou o caldo de gloria que tamén prepararon máis de 400 comedores e restaurantes de toda Galicia, entre eles, o Dezaseis de Compostela e o comedor do CEIP Igrexa de Candeán en Vigo.