Ferreiro: “‘O Cabronario’ ten que saír á luz porque forma parte da memoria histórica”

O libro recolle inéditos de Celso Emilio e estrea editorial, Luscofusco | O editor, Xabie Romero, confía en “non ir preso”E “Son poemas ateigados de veleno”, destaca Teijeiro

García Teijeiro (e-d), 
Ferreiro e Romero, 
onte no Club Faro.
  | // JOSÉ LORES

García Teijeiro (e-d), Ferreiro e Romero, onte no Club Faro. | // JOSÉ LORES / mar mato

Mar Mato

Mar Mato

Por que despois de décadas aparcados case no esquecemento os poemarios satíricos de “O Cabronario” –que escribiu Celso Emilio Ferreiro e que moi poucos autoeditou en Caracas cunha tiraxe exigua e moi humilde– son publicados neste ano 2024? Xabier Ferreiro, fillo do poeta, facilitou onte a resposta no Club FARO: “ Un día deime conta de que “’ ‘O Cabronario’ –título do poemario– tiña que saír á luz porque forma parte da memoria histórica ao retratar unha época”, a ditadura franquista, que sufriu seu pai así como boa parte da poboación dende finais dos anos 30 ata o remate dos 70.

A edición deste libro vén acompañada dun fito. Inaugura unha nova editorial baixo o cobertor da Editorial Elvira. O responsable desta última, Xabier Romero, explicaba onte no Club FARO que o novo selo leva por nome Luscofusco.

O fin é “recuperar o patrimonio cultural de Galicia e darlle máis entidade”, engadiu para explicar despois que fai alusión ao momento histórico actual que poder ir cara un tempo de máis sombras ou cara a luz dunha nova época.

Con estas verbas, fixo referencia ao rexurdir da extrema dereita. De feito a elección de “O Cabronario” como “artefacto” de inauguración do novo selo editorial abriga moitas connotacións. Entre elas, que se erixe como un texto “reivindicativo” ademais de “elemento transgresor”.

Por unha parte, fican ante nós uns poemas –moitos deles inéditos no Estado español– satíricos contra o ditador Francisco Franco, o aspirante daquela a rei Juan Carlos de Borbón, o Opus Dei e outras ‘reputadas’ cabezas da sociedad de aquela. Por outra, lembran que inda hoxe seguimos coa áncora do pasado a frear o barco actual da democracia.

Romero confiou en que agarda non acabar preso pola publicación deste libro. O público do Auditorio do MARCO obtivo á resposta a ese medo cando Xabier Ferreiro e o escritor Antonio García Teijeiro leron seis poemas da obra como “Soneto de Paco el Cabrón”

Cabrón de la cabrona clerecía / que ensalza su cabrona tiranía/ y al gobeirno cabrón de misa y torta./ Y aquí mi cabronada acabaría,/ pero hay otro cabrón más todavía/ y es el pueblo cabrón que lo soporta].

Noutro poema, podemos ler: Cornudo consentido:/ ¡Qué tienes de marido/ si tus hijos no llevan tu apellido!/ ¿Razón de estado?/ ¿Es que no estás casado?/ ¿O reconoces que antes te han capado?/ Cabrón con creces/ ¿Es que no mereces que el pueblo sobre tio vuelque sus heces?

Pola súa parte, o escritor Antonio García Teijeiro –convidado tamén á presentación– lembrou como onte se conmemoraba o fallido golpe de estado de Tejero do ano 1981.

Para Teijeiro, este libro “son poemas ateigados de veleno ante a falta de xustiza”. Tamén –ante un público no que se atopa o académico Xesús Alonso Montero– recordou palabras deste último referíndose a Celso Emilio Ferreiro como “un dos grandes das Letras Galegas. Foi un poeta de éxito, unha voz que conmove a propios e alleos nun intre no que a poesía social atopa tantas esixencias”.

Para o autor vigués os poemas rezuman “carraxe pero tamén autenticidade cunha temperatura moi alta emocionalmente provocada pola ira, pola dor que padecía e a impotencia que o agobiaba” e polo odio “que sentía contra o ditador e o seu réxime político” traducido nunha “ditadura cruel que o amargaba”.

Pola súa parte, o fillo de Celso Emilio indicou que non pode precisar con certeza cando foron escritos os poemas. Porén considerou que algúns deles deberon ser compostos nos anos 50 ou mesmo “un pouco antes”.

Xabier Ferreiro aclarou que “O Cabronario” “non foi escrito como un libro” senón que eran poemas que “estaban gardados nun caixón” durante anos e que a familia non tivo necesidade de editar ata que el meditou no importante que sería achegalos agora ao público neste momento da historia.

Un poemario de resistencia de 1950 a 1973

A edición que Luscofusco publica de “O Cabronario” de Celso Emilio Ferreiro inclúe material inédito “salvo a autoedición caraqueña de “Al César Enano” e dalgúns poucos poemas”, aclara a obra na apertura. Algúns dos poemas como “Santo Cristo de Fisterre” cuxo título orixinal era “Dende que Franco é Falanxe” e que foi incluído na edición italiana dos “Canti de la Nuova Resitenza Spagnola 1939-1961”. Os poemas foron escritos na época de Celso Emilio Ferreiro en Vigo (de 1950 a 1966); tamén na época de Caracas (entre 1966 e 1973). Coinciden os dous tempos por seren as etapas coa obra más escarnecedora e de maldicir do autor. Nas seguintes partes da introdución, Xavier Ferreiro vai comentando poema a poema descrifrando a quen vai dirixido, co seu comentario da época histórica pertinente.