Iria Aldegunde adapta o clásico “Memorias dun neno labrego” nunha novela gráfica
“Quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, dixo a ilustradora na presentación do libro editado por Galaxia
A Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia presentaron onte en Santiago a primeira adaptación da novela gráfica do clásico de Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego, un traballo realizado pola ilustradora Iria Aldegunde.
A obra, publicada dentro dacolección Novela Gráfica de Galaxia, supón, segundo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, “unha ponte” entre os lectores que creceron con este clásico da literatura galega e os máis novos de hoxe en día, que viven nunha Galicia “moi distinta” á que se describe na obra de Neira Vilas.
“Quero que coa adaptación de ‘Memorias dun neno labrego’ a xente poida conectar co pasado”
Aldegunde subliña que leu Memorias dun neno labrego con once anos e que volveuno a ler un pouco máis adiante; pese a que cobrou “un novo significado” cando volveu a el con 20 anos. “Quería poder representar esa alegría e emoción que sentín cando o lin”, di a ilustradora, que asegura que o maior reto ó que se enfrontou foi a idea de adaptar “un grande clásico”.
“Non quería decepcionar a ninguén. Quería que isto fora a imaxe daquel mundo, que puideran trasladarse a aquela época”, engade.
A ilustradora explicou que puxo especial atención ós espazos e ó contorno das aldeas antigas, porque na obra orixina ese aspecto “non se explora tanto”, xa que se trata dun libro máis reflexivo. “Nesta nova visión quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, dixo.
Toda Galicia, identificada con Balbino
Pola súa parte, Valentín García celebrou que se puidera poñer “a este galego universal, como é Balbino, ó alcance de novos públicos, especialmente dos máis xoves”.
“Neira Vilas conseguiu que toda Galicia se identificar con este neno”, salientou o representante da Xunta, quen recordou tamén que o autor foi “o primeiro gran escritor da literatura galega que foi labrego de verdade”.
Na presentación tamén participaron o presidente de la Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, que subliñou que esta publicación supón “un paso adiante” porque Memorias dun neno labrego entra “noutra dimensión” coa súa adaptación a novela gráfica. “Pon en imaxes aquilo que todos como lectores tiñamos na cabeza”.
Durante o acto presentouse tamén a obra A Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez.
Temas
Más en Sociedad
-
Dos ofertas de trabajo "de época": mayordomo en Baiona y pareja de guardeses con vivienda en A Coruña
-
Sorteo Bonoloto del lunes 21 de mayo de 2024
-
Euromillones: resultados del sorteo del martes 21 de mayo de 2024
-
Bodas ante notario: una opción al alza que obliga a rascarse el bolsillo ante el atasco judicial