Os premios Xerais, “espello da narrativa plural e rica” de Galicia

Pedro Feijoo, María Reimóndez e Leticia Barbadillo reciben as súas distincións, otorgadas por un xurado non profesional

Leticia Barbadillo, María Reimóndez e Pedro Feijóo, os tres premiados por Xerais este ano.   | // FARO

Leticia Barbadillo, María Reimóndez e Pedro Feijóo, os tres premiados por Xerais este ano. | // FARO / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A novela “Ninguén contará a verdade”, de Pedro Feijoo; a novela xuvenil “Furia”, de María Reimóndez, e a obra infantil “A botella de lentellas” de Leticia Barbadillo son as obras distinguidas este ano co Premio Xerais que na súa corenta edición é “o espello da narrativa plural, rica e vital” de Galicia. Así o dixo Fran Alonso, o director da editorial e quen renovou o compromiso desta empresa cultural de “seguir turrando do libro galego, continuar sendo motor de modernización, seguir sendo peza clave na aposta e na innovación empresarial e continuar abandeirando un constante diálogo coas lectoras e lectores”.

Xerais voltou ao parador de Baiona para conmemorar a corenta edición dos seus premios, e nunha cerimonia conducida pola xornalista Susana Pedreira os galardonados tomaron a palabra. Pedro Feijoo, que é colaborador do FARO DE VIGO, aseverou que “unha das cousas bonitas do Xerais é que semprebuscou un diálogo co lector, que sabiamos que estaba ao outro lado’.

María Reimóndez, galardoada con XV Premio Jules Verne, confesou que escribir “Furia” foi “como levar un golpe no fígado”, pero lle conforta saber que “hai alguén na esquina do ring”.

Leticia Barbadillo acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil coa súa primeira obra, “A botella das lentellas”. Dedicou a distinción a a algunhas mestras que tivo ao longo dos anos.

Fran Alonso destacou que unha das singularidades que fan especiais os Premios Xerais reside “na forza dos lectores e na naturalidade duns xurados non profesionaisconstituídos por persoas apaixonadas pola lectura que adoitan gozar coa intensa experiencia en que os embarcamos”. O editor de Xerais referíase a que as persoas que escollen cada ano as obras gañadoras son lectoras e lectores que non teñen relación profesional co ámbito editorial: profesorado, membros de clubsde lectura, libreiras, persoas que crean contido sobre libros en redes, xornalistas... Ademais, as persoas que os conforman cambian cada ano.