A campaña da “Toponimízate” sae de xira coa RAG por Galicia
A Academia destaca que os nomes dos lugares é un dos nosos mellores tesouros
REDACCIÓN
“Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra” é unha das novas campañas da Real Academia Galega (RAG) que chegará este outono a unha ducia de concellos das catro provincias. Mediante charlas, o público coñecerá a orixe e o significado dos topónimos que designan os seus municipios, parroquias, aldeas ou accidentes xeográficos e aprenderá ademais como empregar a aplicación Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía colaborar na recolla de nomes de leiras, fontes, camiños ou devesas que corren o risco de se perder.
As paradas da sexta edición da campaña, coordinada pola Real Academia Galega co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, serán desta volta Padrón, Dumbría e Narón na provincia da Coruña; Friol, Becerreá e A Pobra do Brollón na de Lugo; Maceda, Amoeiro e Trasmiras na de Ourense e Vila de Cruces, Tui, Ponte Caldelas na de Pontevedra.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron onte na Fundación Luis Seoane a xeira 2023 acompañados polo coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da Real Academia Galega Vicente Feijoo, quen será o encargo das accións formativas. Coas novas charlas previstas, o mapa de concellos toponimizados sumará xa máis de oitenta.
Divulgación, ante todo
“Toponimízate-” ten dous obxectivos principais: divulgar a riqueza toponímica de Galicia, que fai do país un lugar único no mundo pola insólita abundancia de nomes tradicionais que nomean case palmo a palmo o territorio; e involucrar a poboación de todas as idades e de todos os concellos galegos na recollida e xeolocalización dos microtopónimos aínda non rexistrados empregando a aplicación Galicia Nomeada, lembrou o presidente da RAG.
“Estamos a facer un grande esforzo pola recuperación, a defensa e a posta en valor dun dos patrimonios máis importantes do país: a toponimia”, destacaron na presentación.
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La Clínica Pintado se despide tras 70 años dando a luz a miles de vigueses
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- «A los niños ya no se le caen los dientes»
- La rotura de un colector obliga a cerrar de forma urgente una calle del centro de Vigo durante 15 días
- Un buque ro-ro de 200 metros de eslora solicita asistencia a 8 millas de la ría de Vigo