O talento que emerxe en Galicia

Un total de 12 artistas e grupos son elixidos para formar parte da aceleradora “Sonemerxente” tratarán de afianzar o seu proxecto para loitar pola súa profesionalización na esfera musical

M. González

M. González

Doce grupos e artistas de toda Galicia forman parte da nova aceleradora de proxectos musicais Sonermerxente, unha iniciativa da Xunta de Galicia baixo a xestión da Fundación Paideia. Tras unha selección entre máis de 60 candidatos, os vigueses Adrián Timms, Law, Anahí, Babykatze, a pontevedresa Helena Egea, Samudra Trío de Poio, Paraíso Canto de A Lama e Ponte Caldelas e Irevire, no que a súa cantante Zeltia é de Marín, son os elixidos da provincia. A eles únense a coruñesa Hydn, o proxecto de Mondra, artista de Teo, o dúo coruñés de música urbana Lora e a banda da Pobra do Caramiñal Moito!

Este programa, dotado con 240.000 euros, pretende poñer á súa disposición as ferramentas necesarias para lograr un salto cualitativo nas súas traxectorias, así como facilitar o seu acceso ao mercado musical e ao financiamento. Despois dunha consultoría grupal na sede dos Estudios Mans arrancou a primeira etapa, que pon o foco en cada unha das propostas artísticas, a produción, promoción comercialización e modelo de negocio. A segunda fase adicarase á promoción e difusión dos proxectos. 

Helena Egea.  | // JOSE A. VÁZQUEZ RODRÍGUEZ

Gabi Reboredo e Martiño Malleiro forman Paraíso Canto. / Cedida

“Facemos a música que nos sae, o que nos gusta”

Paraíso Canto

Gabi Reboredo e Martiño Malleiro forman o dúo Paraíso Canto, cun son persoal que explora novas sonoridades e músicas coa tradición oral galega como punto de partida. Veciños da zona de A Lama e Ponte Caldelas, levan tres anos tocando xuntos, tras coñecerse, “por casualidade”, facendo unha obra de teatro.

“Eu veño máis da música tradicional, do asociacionismo ligado ao folclore”, indica Reboredo. “Martiño tamén ten esa formación tradicional, pero tamén a do conservatorio, das bandas de música, do seminario de jazz...”, engade. Decidiron xuntar eses dous mundos e deu como resultado “un formato que parte das músicas de tradición oral galegas”, aínda que tamén fan “outras pezas doutras culturas lusófonas e algo de castelán tamén”. “Normalmente son músicas tradicionais galegas, que as revisamos e lle damos unha volta, e coa mestura do clarinete e do acordeón (agora iremos metendo otros instrumentos), xorde unha fusión de estilos”, define Reboredo.

Coa súa presencia na aceleradora, a súa intención é “manter esa esencia”. “Facemos a música que nos sae. Intentamos non pensar moito no que o público espera de nós e facer o que nos sae, o que nos gusta”, insiste. O nome do proxecto xa é unha declaración de intencións: “Cantamos para emocionarnos nós e para emocionar á xente que nos escoita e compartir con outras músicas, que sexa algo vivencial que nos nutra a todos”, apuntan Paraíso Canto, que veñen de estrear un videoclip en Youtube: “Álbida”, gravado nos Estudios Mans no marco do concurso Asnot Busking do Festival Asnot.

“Querémonos adicar a isto e, ó mesmo tempo, tamén queremos disfrutalo e que non acabe sendo unha carga”

“Querémonos adicar a isto e, ó mesmo tempo, tamén queremos disfrutalo e que non acabe sendo unha carga”, di Reboredo. “A ver como imos facendo para que sexa un disfrute e un traballo ó mesmo tempo”.

“Con esta filosofía de ir facendo camiño e compartir con outra xente, a aceleradora é un espacio máis que nos pode aportar moito e penso que sempre vai sumar”, conclúe.

Gabi Reboredo eMartiño Malleiro forman Paraíso Canto.   | // CEDIDA

Yamini, Jimena e Laura forman Samudra Trío. / Alberte Peiteavel

“A música clásica é para todos e pode ser moi actual”

Samudra Trío

Yamini, Jimena e Laura, as compoñentes de Samudra Trío, coñecéronse “a través da música”. O seu é un proxecto de “música de cámara”, pero cun enfoque persoal: “Tiñamos claro que non queriamos facer o de sempre e xurdiu de forma moi orgánica o feito de que nos centrásemos na música clásica académica do mundo”, engade Yamini. “Queriamos amosar ese mundo musical un pouco máis inclusivo e aínda que xurdiu para desestresarnos, vimos que recibiamos moito apoio do público e tamén premios (como o Martín Códax), e é unha validación enorme, igual que ser elixidas na aceleradora”, afirma: “Estamos indo polo bo camiño”.

Nin a pandemia nin a distancia (Jimena estivo vivindo e traballando en Milán) puido separalas. Laura Lorenzo é a frautista, Jimena Andión, a violoncellista e Yamini Prabhu, a pianista. “É un trío pouco habitual, pero é interesante; ademais, non hai moito repertorio escrito para a nosa formación e temos a oportunidade de facer os nosos arranxos, as nosas versións”.

A súa é unha labor divulgadora, de “facer entender que a música clásica é para todos e que pode ser moi actual, que pon o foco e a luz en cousas, problemas e solucións do mundo que habitamos”, insisten.

Co tempo foron vendo que teñen “un proxecto que se podería profesionalizar perfectamente”. “Queremos que saia das nosas casas e levalo máis alá de Galicia, de España se pode ser”, anuncian. En novembro de 2022 sacaron o seu traballo “Odisea”, co que queren amosar “unha música académica plural e máis global”.

“Pódese vivir da música, pero é importante ter redes de apoio e por iso son tan importantes programas coma este”, di Yamini. “Pouco se fala de que a autoxestión dun proxecto é un camiño longo e solitario e nesta soidade é importante ver que todos temos as mesmas portas pechadas ás veces e que podemos axudarnos se estamos xuntos nisto e é vai ser interesante no aspecto de facer comunidade”, di sobre a participación no programa Sonemerxente.

Yamini, Jimena e Lauraforman Samudra Trío.  | // ALBERTE PEITEAVEL

Imagen promocial de Babykatze. / Cedida

“Será un buen impulso”

Babykatze

Lucila é compositora, produtora, DJ e artista visual que representa BABYKATZE, un proxecto de synth pop minimalista, onde mezcla ambientacións electrónicas e experimentación visual. De orixe arxentina pero afincada en Vigo confesa a súa ilusión por participar na aceleradora coa súa proposta, que define como “muy sentimental, emocional e introspectiva”. “Representa un reflejo de mi ser”, engade.

Ser unha das elixidas será “un buen impulso”: “Creo que va a dar lugar a encuentros creativos interesantes y me dará la oportunidad de profesionalizarme aún más”. O seu quinto EP (“Deep”) saiu en 2022 e traballa ahora na estrea dos videoclips “OP” e “Despair”, e dun novo tema nun proxecto transmedia. A súa paixón polo bodyart e polo baile acércana á danza contemporánea, campo no que tamén conta con algúns proxectos. Lucila crea un universo único “de carácter antidisciplinar”, no que ela mesa é responsable da realización dos seus videoclips, así como das animacións en 3D. 

Imagen promocialde Babykatze.  | // CEDIDA

Helena Egea. / Jose A. Vázquez Rodríguez

“Quedan moitos pasos por dar”

Helena Egea

Ademais de ser vocalista, a pontevedresa Helena Egea toca o violín, o piano e a guitarra en composicións propias que se moven entre o jazz, o soul, o blues e o rock.

Estudou violín no conservatorio, ata que iniciou os seus estudos de Inxeñería Informática. En Barcelona, onde viviu un tempo por un intercambio, comezou “nun grupo de rock como cantante”. Xa de volta, reconectou “coa parte artística, tamén coa poesía”.

No verán do 2019 empezou a montar un grupo, pero a pandemia detivo de novo o seu camiño musical. Colleu forza entón o seu “proxecto propio”. Co tema “Glass” gañou o segundo premio dos Premios á Xuventude do 2020 e iso foi un pulo importante na súa carreira en solitario ata chegar, por exemplo, a tocar no Festival do Noroeste. Ser unha das elixidas para a aceleradora cree que lle permitirá “a profesionalización” do seu proxecto, aínda que segue co seu traballo como enxeñeira informática: “Espero que nos axuden a da-los pasos para saber por onde tirar”. “Agora hai moitos artistas emerxentes, pero hai algúns que están chegando a bo porto”, subliña. “Con estas axudas polo menos se demostra que as institucións queren apostar dalgunha maneira pola cultura emerxente, neste caso a música, pero aínda quedan moitos pasos por dar”: “Hai que tocar a tódalas portas posibles para que algunha se abra”.

Anahí, coa súa guitarra,en Vialia.  | // ALBA VILLAR

Law. / Cedida

“Cuido mucho mis letras”

Law

Empezou tocando a guitarra e a pandeireta na asociación do Cristo da Victoria, en Coia, conta Laura Martínez, coñecida artisticamente como Law. “Cuando descrubí qué camino me gustaba decidí meterme en clases de canto”. Dende os 13 anos estudou dende lírico, jazz, estilos modernos... “Terminé estudios en ‘Rockschool’ y, a día de hoy, continúo con diferentes vocal coach para seguir adquiriendo conocimientos y en ramas distintas como composición musical, solfeo, armonía, todos esos básicos para ser lo más completa que puedo”, explica.

Tras pasar por varias bandas e chegar ó casting final de ‘Operación Triunfo’ decidiu centrarse no seu proxecto en solitario en 2020. Xa sacou catro sinxelos e un remix dun deles e ultima a creación dun EP, que se chama “Diablo” e que sairá en maio. “Quiero hacer una música consumible, urbana y fresca, con un mensaje potente”, di. “Cuido mucho mis letras, que hablan de amor y muerte, pero también de compromiso social, de clasismo, racismo, feminismo y, sobre todo, de arte”. “Yo creo que estamos en un buen momento en la música gallega, hay un montón de artistas emergentes que están trabajando muy bien”, di a viguesa, que, entre outras cousas, tamén é modelo, actriz de dobraxe e ata escribiu un manga.

Law.  | // CEDIDA

Adrián Timms, durante unha actuación. / Cedida

“Hay una audiencia para todo”

Adrián Timms

O británico-andaluz-galego Adrián Timms é un cantante multiinstrumentista a cabalo entre o indie-pop e o folk. “Llevo jugando con la idea de la música y componiendo desde los 16 años”, conta. Despois de vivir en Cádiz, onde aprendeu a toca-la guitarra, e en Madrid, onde estivo nunha banda de rock, regresou a Vigo, onde se formou como técnico de son mentres daba clases de inglés.

Dende o outro lado da barreira, traballando como técnico, decidiu que definitivamente quería estar enriba do esceario. “Dejé las clases de inglés y salí a la calle a tocar, como Anahí”, di: “Me esperaba poco, pero me ha dado bastantes tablas”.

Gracias a un crowdfunding sacou o seu primeiro disco en 2021, titulado “PART WON”, “bastante folk y orgánico”, pero neste 2023 presenta un proxecto multiinstrumentista, cunha xira en solitario

Con este espectáculo confía en xirar por Galicia, España e, por que non, por Europa. “Mi sueño es seguir viviendo de la música, pero con mis propias canciones; llegar cada vez a más gente y viajar por el mundo con mi música como barco”. E engade: “Cada vez hay más gente que ve esto como una forma de vida y trabajo viable, y lo es. Hay mucha gente en el mundo haciendo esto pero hay una audiencia para todo y solo necesitas encontrar esa audiencia”.

Adrián Timms, duranteunha actuación.  | // CEDIDA

Zeltia Acuña, Migui Carballido e Cibrán Seixo forman Zeltia Irevire. / Lara Alonso Comesaña

“Hai unha morea de grupos moi bos en Galicia”

Zeltia Irevire

Zeltia Acuña (voz/guitarra), Migui Carballido (bodhran), Cibrán Seixo (violín e moog) forman, dende 2019, o trío Zeltia Irevire, un grupo con base en Compostela (aínda que a cantante é de Marín) de folk tribal.

“Cada parte de nós está moi ligada á música folk, pero mesturamos unha morea de estilos, con influencias de Irlanda, de Escocia, do galego..., e saen esas composicións nas que traballamos e ás que chamamos folk tribal, porque está pensado para o pobo, para a tribo”, di Zeltia.

Contan cunha dilatada experiencia tamén por separado, formando algúns deles parte de grupos de moito recorrido. “Sobre todo Cibrán”, di a cantante, “acompañando a Carlos Núñez, Tanxugueiras, Budiño...”, enumera. Migui Carballido, pola súa banda, “ven de gañar tamén o premio Runas de Ortigueira”, engade.

Con dous EP xa dispoñibles, están a punto de sacar o seu primeiro LP (“Vacalura”), así que a súa presencia na aceleradora é unha boa oportunidade para darlle un pulo ó seu proxecto. “Permitiranos ter asesoramento e facernos fortes ante un sector musical no que cremos que é imporante estar rodeados de xente do ‘mundillo’. Por unha parte estamos moi avanzados e por outra temos carencias e queremos equilibra-la balanza con esta oportunidade”.

“Agora os tres estamos totalmente adicados á música e buscamos unha maneira digna de vivir desta profesión e con coñecementos poderemos acadar eses obxectivos”, di Zeltia, que tamén sabe que “non será doado”. “É difícil, sobre todo se tes un proxecto autoxestionado. Tes que sacalo a base de moito traballo e vas a un ritmo lento”, explica.

No panorama actual, afirma que “hai unha morea de grupos en Galicia moi bos, cun nivel cultural incrible, e hai que facer unha demanda de coidado ás administracións para esta e outras profesións relacionadas coas artes”.

Zeltia Acuña, Migui Carballido e Cibrán Seixo forman Zeltia Irevire.  | // LARA ALONSO COMESAÑA

Anahí, coa súa guitarra, en Vialia. / Alba Villar

“Mi plan A y mi plan Z es dedicarme a la música”

Anahí

Anahí xa apuntaba maneiras no mundo da música “desde los cuatro años”. Aos oito empezou a estudar piano e, despois, guitarra. Ata o 2021 compaxinaba as súas actuacións (levaba subida aos escenarios dende os 16 anos) con outros traballos fóra do sector musical, pero a pandemia fíxolle cambiar o rumbo: “Decidí dejar mi trabajo para dedicarme al cien por cien a la música”.

Empezou entón a tocar na rúa. Príncipe, Porta do Sol, Casco Vello ou O Calvario son as súas zonas de influencia, aínda que tamén se despraza ata Pontevedra ou Portugal. “Soy artista callejera y lo compagino con bolos y actuaciones en locales cuando me van saliendo”, di. Achegouse tamén co seu proxecto ó coworking de emprendemento musical da Fundación Paideia, no que participaron tamén algúns dos artistas cos que coincide agora en Sonemerxente. “Estoy muy contenta porque el año pasado empecé ya a trabajar Anahí como proyecto personal, con mis propias canciones”, prosigue. Agora tratará de pulir a parte artística e o seu propio son para poder lanzar o que será o seu primeiro EP.

A Anahí non lle gusta poñer etiquetas ó seu estilo “porque siento que lo estoy limitando”, pero podería encadrarse dentro do pop. Entre os seus referentes hai un abano bastante amplo, dende Adele, Alejandro Sanz ou Morat.

Natural de Bos Aires, chegou a España no 2008, con 15 anos. “Mi plan A y mi plan Z es dedicarme a la música. Estoy volcada al cien por cien”, afirma: “Hago la música para mí pero no tendría sentido si no la pudiese compartir”. Recoñece que no momento no que lle anunciaron que era unha das elixidas para a aceleradora chorou moito. “No es lo mismo estar sola que tener al lado un equipo de trabajo que te pone un mapa, una guía, y estoy muy contenta porque tengo muchas ganas de preparar mi proyecto. Ahora hay muchos artistas, pero yo no lo veo como una competencia. Yo estoy convencida de que, en mi caso, las cosas llegan cuando tienen que llegar. A veces, en el camino, nos desesperamos un poco, pero prefiero fluir y que las cosas se vayan dando y si pasó ahora es porque ahora es el momento”. 

Suscríbete para seguir leyendo