Manuel Antonio e Darío Xohán Cabana centran os últimos números de “A trabe de ouro”

Xosé Luis Méndez Ferrín e Rosa López, onte na Escola de Artes e Oficios de Vigo, na presentación dos números 120 e 121 de “A trabe de ouro”.  | // RICARDO GROBAS

Xosé Luis Méndez Ferrín e Rosa López, onte na Escola de Artes e Oficios de Vigo, na presentación dos números 120 e 121 de “A trabe de ouro”. | // RICARDO GROBAS / REDACCIÓN

REDACCIÓN

“A trabe de ouro”, a revista de divulgación e reflexión cultural galega, foi presentada onte en Vigo na Escola de Artes e Oficios. En concreto, déronse a coñecer os últimos dous números: o 120 e 121.

A vindeira cita de presentación será en Rixanxo, na Casa de Manuel Antonio o 10 de febreiro, en homenaxe ao centenario do manifesto Máis Alá!.

No caso do número 120, dedícase case todo a Darío Xohán Cabana, quen foi membro desta revista dende que se fundou no ano 90.

Os textos publicados nesta entrega tratan a súa figura e foron asinados por Antón Capelán, Xavier Cordal, Rosa López, entre outros. È reseñable tamén a editorial sobre a Guerra na Ucraína.

En canto ao número 121, este céntrase en Manuel Antonio fundamentalmente, con textos entre os que se atopa un de Xosé Luis Axeitos e outro de Moncho Pena. Tamén trata a revista sobre Xosé Manuel Beiras.