O edificio Francisco Sánchez de Tui acolleu onte un Club FARO moi especial, non só para o municipio tudense, tamén para todos os concellos que forman a raia: Valença, A Guarda, Camiña, Salvaterra de Miño, Monçao, Tomiño, Vila Nova de Cerveira, O Rosal... Porque o protagonista do evento, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, foi o proxecto Ponte... nas Ondas!, unha iniciativa transfronteiriza nada a finais dos anos noventa, xusto cando se levantou a ponte internacional entre Salvaterra e Monçao. O acto, precisamente, estivo cheo de responsables municipais de todas estas localidades, e por suposto no faltou o anfitrión, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e tampouco a presidenta provincial, Carmela Silva, que foron as dous primeiras persoas en intervir antes de dar paso o coloquio, que estivo moderado por José Font, director da Radio Municipal de Tui, protagonizado por Chus Álvarez e Esmeralda Carvalho, integrantes da directiva de Ponte... nas Ondas! de Galicia e Portugal, respectivamente.

Antes de entrar en materia do que foi o coloquio, para poñer en contexto o proxecto,no momento que naceu participaron alumnos e profesores de 16 escolas de ambas beiras do río Miño. O obxectivo, ademáis da ponte fisica que se acababa de construir, era tender unha calne de comunicación a través das ondas de radio. Os protagonistas da experiencia viviron con moita emoción aquela primeira xornada experimental emisión transfronteiriza e o éxito obtido garantiu a súa continuidade. “Por aquel entones foi unha experiencia moi innovadora, non me imaxinaba estar falando tantos anos despois sobre isto”, recordaba Esmeralda Carvalho, tras falar dunha primeira época na que os programas eran gravados en radiocasete. “A medida que iban avanzando as distintas edición de Ponte... nas Ondas!, fomos ampliando as horas da programación. A primeira emisión tivo lugar no ano 1997 e dende entonces nunca faltamos”, relata Chus Álvarez.

No 2001 a Unesco proclamou as primeiras obras mestras da humanidade, o que foi un punto de inflexión para o proxecto, que decidiu volcarse no patrimonio inmaterial para presentar a súa candidatura que abranguía tanto a Galicia como a Portugal ao redor do contido emitido a través de Ponte...nas Ondas!. “O patrimonio inmaterial é a cultura agraria, os oficios, a tradición oral, o lecer, as cantigas…comezou unha movilización con moito apoio institucional dende 2004. Nun partido do Celta, os xogadores sairon cunha pancarta de apoyo á candidatura. Non tivemos sorte, pero a Unesco sí que nos valorou moito porque era algo que saía da sociedade civil, das escolas”, recorda Chus Álvarez.

Agora, a finais deste mes, tanto Chus como Esmeralda e outros membros do proxecto viaxarán a Rabat, onde teñen prácticamente confrimado que Ponte nas Ondas vai ser inscrito nas boas practicas pola súa salvagarda do patrimonio inmaterial cultural da Unesco, o que supón un dos grandes fitos dende que se creou este proxecto. O futuro máis inmediato do proxecto pasa por Rabat, pero o que teñen claro as responsables de Ponte...nas Ondas! é que o obxectivo sempre foi e será a convivencia de alumnos de ambas beiras do río MIño e a posta en valor de todo ese patrimonio inmaterial que comparten ambos países.

O proxecto, co paso dos anos, foi adquirindo unha gran relevancia, tamén a nivel nacional, e logrou apoios de grandes figuras radiofónicas como Iñaki Gabilondo, Gemma Nierga ou Julia Otero. Pero non podería chegar a ser o que é hoxe en día sen o respaldo de emisoras locais, como a Radio Municipal de Tui. Nos seus estudos celebráronse moitas edicións de Ponte nas...Ondas! “Neste proxecto houbo rapaces que tamén encontraron a súa vocación, porque saíron xornalistas, técnicos de son, locutores...”, asegura José Font, director da Radio Municipal de Tui.

O broche a este Club FARO tan especial chegou a cargo de Pancho Álvarez, un dos músicos máis importantes de Galicia, quen tocou unha peza ao violín.

Carmela Silva: “Foron as primeiras en usar as TIC cando non sabiamos o que eran”

A presidenta da Diputación, Carmela Silva, mostrouse enormemente orgullosa polo proxecto Ponte...nas Ondas! e non ten dúbidas de que vai ser inscrito no rexistro de boas prácticas da Unesco pola súa salvagarda do patrimonio inmaterial cultural. “Pon en valor o territorio que nos identifica, con nenos e mocidade, que é a única forma de facelo. Ademais, fomenta o diálogo e o intercambio entre as comunidades, favorece a paz e a cooperación, imprescinidble para que uha sociedade avance. E a traxectoria, manterse tanto tempo non é nada fácil, sendo capaces de movilizar a un número tan grande de persoas”, sinalou Silva. A presidenta provincial precisamente incidiu no mérito de manter durante xa máis de dúas décadas unha iniciativa como esta funcionando a pleno rendemento. “ E cando comezaron foron innovadoras. Foron as primeiras que usaron as TIC cando non sabíamos o que eran.É sen dúbida un proxecto de valores, que constrúe sociedades”, apuntou Carmela Silva. Durante a súa intervención tamén agradeceu ás promotoras de Ponte... nas Ondas! por manter durante tantos anos viva a iniciativa e a importancia de poder falar sobre ela nun marco como o Club FARO, que lle axudará a dar “unha gran repercusión”.