O escritor e profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo Gonzalo Navaza convertirase en breve en académico de número da Real Academia Galega (RAG).

O pleno desta entidade acordou que Navaza (Lalín, 1957) ocupe a vacante do finado historiador Xosé Ramón Barreiro.

Autor de libros como “Erros e Tánatos” (Premio San Clemente de Narrativa); “Fábrica íntima” –Premio da Crítica Española de poesía–; ou “Libra”, Premio Martín Codax, Gonzalo Navaza tamén destaca polo seu traballo como investigador en onomástica.

Nos anos 80, realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense.

Publicou “Fitotoponimia galega”. Nel recollen preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas e que foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez. Ademais, colabora no proxecto “Dicionanrio de apelidos galegos”.

No seu currículo, destaca tamén como tradutor de clásicos como “A chamada da selva”, de Jack London; “Sherlock Holmes” de Conan Doyle; ou “Robinson Crusoe”, de Defoe.

Por último, hai que sinalar que o pleno da RAG tamén decidiu nomear membros correspondentes a xurista Celia Pereira Porto e o crítico literario vigués Ramón Nicolás, profesor no IES Castelao de Vigo. A primeira é doutora en Dereito e desenvolve un labor destacado en distintos campos dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas”, destacan desde a RAG.