Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Diarios confinados e literarios

Esther Carrodeguas no seu libro teatral “32m²” e o músico Jamas en “Diario dun pirata confinado” reflexionan sobre a pandemia

Jamas, de Dios ke te Crew, escribiu “Diario dun pirata confinado”. | // SOKRAM

E se lle deramos unha volta ós nosos recordos do confinamento? E se os vistiramos cunha bandeira pirata e trazaramos un linde difuso entre recordo e ensoñación? A proposta xa existe e chámase “Diario dun pirata confinado” (Urutau). Trátase da obra literaria de Jamas, un dos integrantes do grupo de hip hop galego Diosketecrew. Este libro maila peza teatral “32m²” –obra de Esther Carrodeguas editada por Positivas– son dúas das últimas novidades literarias galegas que procuran deixar para a eternidade a pista do que supuxo o confinamento.

Esther Carrodeguas, autor de “32m²”. | // M. M.

No caso de “Diario dun pirata confinado”, non se esperen un diario ñoño ao uso, senón unha reflexión lúcida e divertida do que somos, do que tememos dende a voz alegórica dun pirata contemporáneo con wifi, alambique, tarxeta e pluma.

Diarios confinados e literarios

Nas súas páxinas directa ou indirectamente hai moita crítica social: “Mais estou convencido de que o inimigo da sociedade non é a COVID-19, nin a gripe do grelo, do quino ou da langosta, nin sequera o cancro. O inimigo da sociedade é a ignorancia, a incultura, o virus máis perigoso imaxinable que deriva paseniño nunha pandemia de fascismo”.

Diarios confinados e literarios

Son algunhas das liñas do último día do confinamento que escribe Jamas na travesía do seu “furancho flotante”. Son as correspondentes á xornada 93, a do 14 de xuño de 2020.

O pirata que se comunica connosco, como sinala a escritora Teresa Moure na introdución está “lonxe do Caribe “ para que ó ler o seu diario “abramos unha xanela nos muros que nos contornan” , unha fiestra pola que “escapar dunha época que nos arrebata as opcións”.

Ao longo das súas páxinas, vai sopesando distintas figuras e momentos:os chivatos como francotiradores nas xanelas, as alocucións polos medios das autoridades, os paseos con franxas horarias delimitadas, a necesidade de ter un can para ter máis liberdade...

Pero tamén hai momentos de crítica social como o do escrito do día 28 do confinamento. Nesa xornada, séntese “culpable” por sentirse “desditado en ocasións. Fainos reflexionar: “28 días de encerro parécennos a maior tortura imaxinable (...) Véñenme á cabeza os refuxiados, os sen fogar, os que resisten en Palestina, os verdadeiros desamparados” ademais do campamento de refuxiados de Tinduff. “Polos confinados de verdade. Os que sen existir, existen”, escribe.

Reflexión social a ofrece tamén Carrodeguas en “32m²” , o libro dunha peza teatral que segue cunha exitosa xira. É esta unha do teatro do absurdo pero co trasfondo real do confinamento, da vida de dous antisistema que antes da pandemia estaban ‘acomodados’ a unha sociedade que ahora na crise do coronavirus os converte no que realmente son: dúas persoas sen case futuro, á marxe da sociedade.

Mar e Xan, os protagonistas, confían nas palabras do Goberno de que recibirán axudas pero cando caen na conta de que non lles darán “nada” con maiúsculas, minúsculas, signos de interrogación, puntos suspensivos entenden o por que: “Porque traballo en B. Porque vivimos en B. Porque somos clase B.Porque somos unha merda. Un desastre en B. Nós non somos Clase A. Somos B en B”.

Compartir el artículo

stats