Paula Castro gaña o premio “Lueiro Rey” de xornalismo social
O xurado valorou a “visión documentada e crítica” do seu relato “Mulleres invisibles”
Un relato sobre mulleres que exercen a prostitución en plena pandemia, con datos sobre o negocio da explotación sexual en Galicia e en España, levou o IV Premio “Manuel Lueiro Rey” de xornalismo á súa autora, Paula Castro. Convocado polo Concello de Fornelos de Montes en lembranza do escritor Manuel Lueiro, o galardón está dotado con 1.000 euros e recoñece artigos inéditos en galego centrados na denuncia social.
O xurado acordou por unanimidade premiar o relato “Mulleres invisibles, mulleres confinadas” da xornalista Paula Castro. Valorouse especialmente a “visión crítica e documentada” dun texto que “ofrece unha reflexión sobre a estigmatización á que están sometidas as mulleres que viven de exercer a prostitución”. A xornalista, di o fallo, “repara sobre o abandono que sofren estas mulleres sen dereitos, poñéndolle un rostro a persoas abocadas á invisibilidade, ao desprezo social e a unha heroica subsistencia”.
Ademais, o xurado estimou “a actualidade da súa temática, a súa solidez estrutural, a mesura na exposición dos datos estatísticos recollidos e o acaído rexistro literario que abraza”.
A entrega do galardón será en Fornelos en canto o permita a situación sanitaria. Xoán Carlos Domínguez Alberte, Montse Fajardo e Mario Regueira gañaron en anteriores edicións.
Temas
Más en Sociedad
-
Las promesas rotas de los 'niños de la polio': "Somos los discriminados, cada vez más enfermos y nos estamos muriendo"
-
Monjas rebeldes, curas falsos y narcos colombianos unidos por los Misioneros de Natzaret
-
''Amigos imaginarios": lo que dice la psicología
-
“Ordenar tu casa te ayuda a tomar decisiones”